Historia do pobo xitano | evidencias lingüísticas da migración xitana

Evidencias lingüísticas da migración xitana

De acordo cos estudos de Terrence Kaufman (1973) a orixe da lingua romaní, baseado nos dialectos europeos, pode localizarse na India central e posteriormente poden documentarse préstamos lingüísticos que foi adquirindo nos territorios por onde migraba, que irían desde o século II aC ó XIV dC: así ten préstamos do persa do seu paso por Persia, pero non da lingua árabe, o que demostra que o seu paso por Persia foi anterior á súa islamización contra o ano 900. Dos séculos XI-XII ten préstamos de linguas do Cáucaso ( oseto, xeorxiano e armenio). Logo detéctase a migración en dirección a Turquía onde recibe préstamos do grego, pero non do turco, o que indica que o seu paso foi anterior á invasión turca. Contra o ano 1300 produciríase a entrada nos Balcáns, onde adquiriu préstamos das linguas eslavas. Posteriormente os dialectos europeos do romaní divídense, aínda que Kaufmann indica unha distinción entre os que teñen influencia léxica do romanés e os que non, que serían os xitanos de Bulgaria e os de España.

Other Languages