Historia do pobo xitano | estancia en asia menor no século xiv

Estancia en Asia Menor no século XIV

En 1322 un monxe franciscano chamado Simon Simeonis describe un pobo con características similares ós “atsigani” que vivía en Creta, e en 1350 Ludolphus de Sudheim menciona un pobo similar, cunha única lingua, ó que chama "mandapolos", unha verba que segundo se pensa deriva do grego "mantes" (profeta ou adiviño) [11]. Cara a 1360, un feudo xitano independente (chamado o Feudum Acinganorum) estableceuse en Corfú e converteuse nunha «comunidade estable, e unha importante e consolidada parte da economía» [12]. Dado que a rexión ocupada por estas comunidades rom era chamada «o pequeno Exipto», os peregríns que a atravesaban para ir a Terra Santa estenderon por toda Europa o apelativo de «exipciáns», de onde procederían os nomes de exitanos, xitanos, gitans, egypsies e gypsies. Ademais dos asentamentos gregos está documentada una longa estancia nos Balcáns, en terras de serbios, búlgaros e romaneses, no século XIV.

Other Languages