Francos | o imperio franco

O Imperio Franco

Fundación

Entre os anos 355 e 358, o emperador Xuliano volveu atoparse coas vías fluviais do Rin baixo o control dos francos, e unha vez máis volveu a pacificalos. Roma concedeulles unha parte considerábel da Galia Bélxica, momento a partir do cal pasaron a ser foederati do Imperio Romano. Aínda hoxe séguense falando en Flandres (Bélxica) e Holanda o holandés, unha lingua de orixe xermánica. Deste xeito, os francos convertéronse no primeiro pobo xermánico que se asentou de xeito permanente dentro de territorio romano[3].

Desde a súa rexión, os francos conquistaron gradualmente a maior parte da Galia romana ao norte do Loira e ao leste da Aquitania visigoda. Nun principio, axudaron a defender as fronteiras en calidade de aliados. Por exemplo, cando unha invasión levada a cabo no seu maior parte por tribos xermánicas orientais cruzou o Rin no ano 406, os francos loitaron contra estes invasores. Esta invasión avanzou principalmente cara aos territorios ao sur do río Loira (na rexión de París, o control romano perdurou ata o ano 486, unha década despois da caída dos emperadores de Rávena, en parte grazas ás alianzas cos francos.)

Os merovinxios

Artigo principal: Merovinxios.

O que nos chegou sobre os reinos dos primeiros xefes francos, Faramundo (aproximadamente entre 419 e 427) e Clodio (aproximadamente entre 427 e 447, parece ter máis de mito que de realidade, e a súa relación coa dinastía dos merovinxios permanece pouco clara.

Gregorio menciona a Clodión (Chlodio) como o primeiro rei que iniciou a conquista da Galia ao tomar Camaracum (actual Cambrai) e expandir a fronteira ata o río Somme. Isto probabelmente levou o seu tempo; Sidonio relata como Aecio tomou aos francos por sorpresa, facéndoos retroceder (probabelmente ao redor de 431). Este período marca o inicio dunha situación que se prolongaría durante séculos: os francos xermánicos convertéronse en soberanos dun número cada vez maior de súbditos galorromanos.

En 451, Aecio pediu axuda aos seus aliados xermánicos en chan romano para repeler unha invasión dos hunos. Mentres que os francos salios o apoiaron, os renanos loitaron en ámbolos bandos, dado que moitos deles vivían fóra do Imperio. As fontes de Gregorio identifican sen demasiada seguridade a Meroveo (Merovech) como o rei dos francos e posíbel fillo de Clodión. Meroveo foi sucedido no trono por Khilderico I, en cuxa tumba, descuberta en 1653, se atopou un anel que o identificaba como rei dos francos.

Clodoveo

Artigo principal: Clodoveo I.

Clodoveo I, fillo de Khilderico I comezou unha campaña militar coa intención de consolidar os varios reinos francos na Galia e Renania, dentro da cal se enmarca a derrota de Siagrio en 486. Esta vitoria supuxo o fin do control romano na rexión de París.

Na Batalla de Vouillé (507), Clodoveo, coa axuda dos burgundios, derrotou aos visigodos, expandindo o seu reino ao leste, ata os Pireneos.

A conversión de Clodoveo ao cristianismo, tralo seu matrimonio coa princesa católica burgundia Clotilde en 493, puido axudar a achegalo ao Papa e a outros soberanos cristiáns ortodoxos. A conversión de Clodoveo supuxo a conversión do resto de francos. Ao profesar a mesma fe que os seus veciños católicos, os recentemente cristianizados francos atoparon moito máis facilmente a aceptación por parte da poboación local galorromana que os arios, os visigodos, os vándalos ou os burgundios. Desta forma, os merovinxios deron lugar á que co tempo sería a dinastía de reis máis estábel de Occidente.

Esta estabilidade, con todo, non se estendía á vida cotiá durante a era merovinxia. Aínda que en tempos dos romanos existía un certo grao de violencia (sobre todo na etapa final), a introdución da práctica xermánica de recorrer á violencia para liquidar disputas e conflitos legais levou a un certo grao de anarquía. Isto afectou ao comercio, que se chegou a ver interrompido ocasionalmente, dificultando de xeito crecente a vida cotiá, o que desembocou nunha progresiva fragmentación e localización da sociedade en vilas. A alfabetización, aparte das igrexas e mosteiros, era practicamente nula.

Os soberanos merovinxios, seguindo a tradición xermánica, tiñan o costume de dividir as súas terras entre os seus fillos. Isto resultaba nunha constante división, reunificación e nova división dos territorios, o cal á súa vez desembocaba no asasinato e a guerra entre as principais familias. Así que, aínda que Clodoveo expulsou aos visigodos da Galia, ao morrer en 511, os seus catro fillos repartíronse o seu reino, e durante os seguintes dous séculos os seus descendentes compartiron a coroa.

O área franca se expandiu aínda máis baixo o reinado dos fillos de Clodoveo, chegando a cubrir a maior parte da actual Francia, pero incluíndo tamén zonas ao leste do río Rin, tales como Alamannia (o actual suroeste de Alemaña) e Turinxia (desde 531). Saxonia, en cambio, permaneceu fóra das fronteiras francas ata ser conquistada por Carlomagno séculos máis tarde.

Tras unha reunificación temporal dos reinos separados baixo o reinado de Clotario I, os territorios francos volveron dividirse en 561 en Neustria, Austrasia e Borgoña, que foran anexionadas polos francos por medio de matrimonios e invasións.

En cada reino franco, o mordomo de palacio exercía as funcións de xefe de estado. Unha serie de mortes prematuras que comezaron coa de Dagoberto I en 639 desembocaron nunha sucesión de reis menores de idade. A comezos do século VIII, isto permitira aos maiores austrasios consolidar o poder da súa propia liñaxe, o cal levou á fundación dunha nova dinastía: os carolinxios.

Os Carolinxios

Artigos principais: Carolinxios e Imperio Carolinxio.
Dinastía Carolinxia
Pipínidas
Arnúlfidas
  • Arnulfo de Metz (+ 640)
  • Clodulfo de Metz (+ 696)
  • Ansexiselo (+ antes de 679)
  • Pipino de Herstal (+ 714)
  • Grimoaldo II (+ 714)
  • Drogo de Champagne (+ 708)
  • Teodoaldo (+ 714)
Carolinxios
Despois do Tratado de Verdún (843)


Tradicionalmente considérase que o reinado carolinxio comeza coa deposición do último rei merovinxio, co consentimento do Papa, e a ascensión ao poder en 751 de Pipino o Breve, pai de Carlomagno. Pipino sucedera ao seu pai, Carlos Martel, como maior de palacio dun reino franco reunido e reconstruído a partir das partes anteriormente independentes.

Pipino reinou como rei electo. Aínda que este tipo de eleccións eran pouco frecuentes, había unha regra xeral na lei xermánica que establecía que o rei se apoiaba nos seus homes principais. Estes homes reservábanse o dereito de elixir a un novo líder digno de reinar de entre os membros do clan dominante, no caso de que considerasen que o vello rei non puidese conducilos a batalla vitoriosa. Mentres que no que máis tarde sería Francia o reinado pasou a ser hereditario, os reis do tardío Sacro Imperio Romano Xermánico non foron capaces de abolir a tradición da elección, e continuaron sendo rexedores electos ata a desaparición do Imperio en 1806.

Pipino consolidou a súa posición en 754 ao fraguar unha alianza co papa Estevo III, quen obsequiou ao rei dos francos unha copia da ‘’Doazón de Constantino’’ en París, e o unxiu a el e á súa familia nunha maxestosa cerimonia en Saint-Denis, declarándoo patricius Romanorum (protector dos romanos). O ano seguinte Pipino cumpriu a promesa feita ao Papa e recuperou o exarcado de Rávena, recentemente perdido ante os longobardos, entregándollo ao Papa no canto de llo devolver ao emperador bizantino. Pipino entregou tamén os territorios reconquistados nos arredores de Roma, dando pé á creación dos Estados Pontificios na ‘’Doazón de Pipino’’, que deixou na tumba de San Pedro. O pontífice tiña boas razóns para esperar da reconstruída monarquía franca que proporcionase unha base de poder leal (potestas) na creación dunha nova orde mundial, centrado na figura do Papa.

Carlomagno

Trala morte de Pipino no 768, os seus fillos Carlos e Carlomán volveron repartirse o reino entre eles. De todos os xeitos, Carlomán retirouse a un mosteiro e morreu pouco tempo despois, deixando ao seu irmán como único rei. Este pasaría máis tarde a ser coñecido como Carlomagno, en francés Charlemagne e en alemán Karl der Große; un personaxe poderoso, intelixente e relativamente culto, que se convertería nunha lenda para a historia posterior tanto de Francia como de Alemaña. Carlomagno restableceu un equilibrio de poder entre o Emperador e o Papa.

A partir do ano 772, Carlos conquistou e derrotou aos saxóns para incorporar o seu reino ao Imperio Franco. Esta campaña sumouse á práctica de líderes cristiáns non romanos que provocaban a conversión dos seus veciños pola forza. Os misioneiros católicos francos, xunto a outros de Irlanda e da Inglaterra anglosaxoa, penetraran en territorio saxón desde mediados do século VIII, resultando nun aumento dos enfrontamentos cos saxóns, que se resistían aos empeños misioneiros acompañados de incursións militares. O principal opoñente saxón de Carlos, Widukind, aceptou ser bautizado no 785, como parte duns acordos de paz, pero outros líderes saxóns continuaron coa loita. Trala súa vitoria no 787 en Verdún, Carlos ordenou a matanza masiva de miles de prisioneiros saxóns pagáns. Tras varios levantamentos máis, os saxóns sufriron a derrota definitiva no 804. Isto expandiu o Imperio Franco cara ao leste, ata o río Elba, algo que o Imperio Romano só intentou unha vez, e no que fallou na batalla do bosque de Teutoburgo (9). Para poder cristianizar con máis efectividade aos saxóns, Carlos fundou varias dioceses, entre as que se contan as de Bremen, Münster, Paderborn e Osnabrück.

Ao mesmo tempo, (773-774), Carlos conquistou os longobardos, incluíndo deste xeito o norte de Italia na súa esfera de influencia. Renovou o donativo ao Vaticano e a promesa ao papado de continuar a protección por parte dos francos.

No 788, Tasilón, dux (duque) de Baviera, rebelouse contra Carlos. Tras esmagar a revolta, Carlos incorporou Baviera ao seu reino. Ademais de expandir os horizontes dos seus dominios, reduciu de xeito drástico o poder e a influencia dos Axilolfingas (a familia de Tasilón), outra das familias influentes de entre os francos e os seus potenciais rivais. Ata o 796, Carlos continuou expandindo o seu reino aínda máis cara ao sueste, ata a actual Austria e a partes de Croacia.

Other Languages
Afrikaans: Franke
Alemannisch: Franken (Volk)
aragonés: Francos
Ænglisc: Francan
العربية: فرنجة
مصرى: فرانكس
asturianu: Pueblu francu
azərbaycanca: Franklar
беларуская: Франкі
български: Франки
brezhoneg: Franked
bosanski: Franci
català: Francs
čeština: Frankové
Чӑвашла: Франксем
Cymraeg: Ffranciaid
dansk: Frankere
Ελληνικά: Φράγκοι
English: Franks
Esperanto: Frankoj
español: Pueblo franco
eesti: Frangid
euskara: Frankoak
فارسی: فرانک‌ها
suomi: Frankit
føroyskt: Frankar
français: Francs
Nordfriisk: Franken (fulk)
Frysk: Franken
Gaeilge: Na Frainc
עברית: פרנקים
hrvatski: Franci
magyar: Frankok
Bahasa Indonesia: Suku Franka
íslenska: Frankar
italiano: Franchi
日本語: フランク人
ქართული: ფრანკები
қазақша: Франктер
한국어: 프랑크인
kurdî: Frank
Latina: Franci
Lingua Franca Nova: Franco
lumbaart: Franch (pòpol)
lietuvių: Frankai
latviešu: Franki
македонски: Франки
монгол: Франк
Bahasa Melayu: Orang Frank
Nedersaksies: Franken
Nederlands: Franken (volk)
norsk nynorsk: Frankarar
norsk: Frankere
occitan: Francs
polski: Frankowie
português: Francos
română: Franci
русский: Франки
sicilianu: Franchi
Scots: Franks
srpskohrvatski / српскохрватски: Franci
Simple English: Franks
slovenčina: Frankovia
slovenščina: Franki
српски / srpski: Франци
svenska: Franker
Kiswahili: Wafaranki
Türkçe: Franklar
українська: Франки
oʻzbekcha/ўзбекча: Franklar
Tiếng Việt: Người Frank
West-Vlams: Frankn
中文: 法蘭克人
Bân-lâm-gú: Frank lâng
粵語: 法蘭克人