Escaravello vermello | distribución

Distribución

Esta praga afecta a gran variedade de palmeiras; mais en Galicia son as palmeiras canarias as máis afectadas, por seren as máis comúns.

Palmeiras afetadas

Areca catechu, Arenga pinnata, Borassus flabellifer, Caryota maxima, C. cumingii, Cocos nucifera (coqueiro), Corypha gebanga, C. elata, Elaeis guineensis, Livistona decipiens, Metroxylon sagu, Oreodoxa regia, Phoenix canariensis, P. dactylifera (datileira), P. sylvestris, Sabal umbraculifera, Trachycarpus fortunei, Washingtonia spp..[7] Tamén pode afectar a Agave americana, e Saccharum officinarum.

Países afetados

Orixe: Bangladesh, Bahrain, Brasil, Camboxa, China, India, Indonesia, Xapón, Kuwait, Laos, Malaisia, Myanmar, Omán, Paquistán, Filipinas, Qatar, Arabia Saudita, Sri Lanka, Taiwán, Tailandia, Emirados Árabes Unidos, Vietnam, Papúa-Nova Guinea e Illas Salomón. Foi reportada máis recentemente na Eslovenia, Francia, Italia, Malta, Grecia, España, Portugal, Turquía, Chipre, Siria, Marrocos, Aruba e Estados Unidos.

Península Ibérica

En España apareceu o primeiro foco en Granada en 1995, de aí pasou ao País Valenciano en 2004, Cataluña e Murcia (2005), Illas Baleares e Illas Canarias (2006), Aragón (2009).

En Portugal os primeiros ataques de escaravello vermello foron detectados en setembro de 2007 en palmeiras emblemáticas no Algarve. En 2011 a praga xa tiña atinxido Silves, Ferreira do Alentexo, Porto Covo, Setúbal, Cascais, Oeiras, Lisboa, Montemor-o-Novo e Porto.[8]

Galicia

En xaneiro de 2013 detéctase o primeiro caso en Galicia, no concello de Gondomar (Pontevedra). En 2015 xa se olla por Baiona, Vigo e Nigrán[6].

Other Languages