Carbonilo | compostos carbonilos α,β-insaturados

Compostos carbonilos α,β-insaturados

Os compostos carbonilos α,β- insaturados son unha clase importante dos compostos carbonilos coa estrutura xeral Cβ=Cα−C=O. Nestes compostos o grupo carbonilo está conxugado cun alqueno, e disto proveñen algunhas propiedades especiais. Algúns exemplos dos compostos carbonilos α,β-insaturados son a acroleína, o óxido de mesitilo, o ácido acrílico, e o ácido maleico. Os compostos carbonilos insaturados poden prepararse no laboratorio tamén pola reacción aldólica ou pola reacción de Perkin.

O grupo carbonilo, sexa aldehido ou ácido, atrae cara a el os electróns do alqueno, e entón o grupo alqueno nun composto carbonílico insaturado está desactivado cara a electrófilos como o bromo ou o cloruro de hidróxeno. Como regra xeral, cos electrófilos asimétricos, o hídróxeno agrégase á posición α nunha adición electrofílica. Por outra parte, estes compostos son activados cara aos nucleófilos na adición nucleofílica.

Other Languages
العربية: كربونيل
català: Carbonil
Cymraeg: Carbonyl
Ελληνικά: Καρβονύλιο
Esperanto: Karbonila grupo
español: Grupo carbonilo
euskara: Karbonilo
فارسی: کربونیل
suomi: Karbonyyli
Gaeilge: Carbóinil
עברית: קרבוניל
Bahasa Indonesia: Karbonil
italiano: Carbonile
한국어: 카보닐기
latviešu: Karbonilgrupa
Nederlands: Carbonylgroep
norsk nynorsk: Karbonyl
norsk: Karbonyl
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਾਰਬੋਨਿਲ
português: Carbonila
română: Carbonil
Scots: Carbonyl
srpskohrvatski / српскохрватски: Karbonil
Simple English: Carbonyl
српски / srpski: Karbonilna grupa
svenska: Karbonylgrupp
Türkçe: Karbonil grubu
українська: Карбонільна група
Tiếng Việt: Cacbonyl
中文: 羰基