Calendario hebreo | precisión

Precisión

A medida media do mes de acordo co calendario é correcta nunha fracción de segundo (aínda que meses individuais poden ser unhas horas maiores ou menores á media). Deste modo non haberá erros importantes por moito tempo. Aínda así, asumir que 19 anos tropicais equivalen a 235 meses é incorrecto, así que a medida media do ciclo de 19 anos é demasiado longa (comparada cos 19 anos tropicais) por 0'088 días ou por só 2 horas. Así, o calendario desacompásase de media con respecto ao ano tropical nun día cada 216 anos. Se a intención do calendario é que a Pascua caia na primeira lúa chea tras o equinoccio de primavera, isto seguirá sendo así na maioría dos casos, pero, no presente, tres días de cada 19 anos a Pascua é un mes máis tarde segundo este criterio (como en 2005). Claramente, este problema empeorará co tempo e se o calendario non é arranxado, a Pascua e os outros festivais serán desprazados un ciclo completo en 79'000 anos.

Como o ciclo de 19 anos (e todos os aspectos do calendario) está na lei xudía, só sería posible cambialo se se convoca o Sanedrín. É sabido tradicionalmente que isto pasará coa chegada do Mesías, que marcará o comezo da era da redención segundo di a tradición. Teoricamente, se a lei puidese ser modificada, unha solución sería poñer no lugar do ciclo de 19 anos, un ciclo de 334 anos e 4.131 fases lunares. Este ciclo ten un erro de só un día en 11.500 anos. Aínda así, isto sería imposible de poñer en práctica. Máis aínda, non se podería facer unha regra matemática fixa a perpetuidade porque a lonxitude dos meses e anos tropicais cambian lentamente. Outra posibilidade é a de calcular o tempo aproximado do equinoccio de primavera e ter un ano bisesto se e só se doutro xeito a Pascua tería lugar antes do equinoccio de primavera. Ideas similares úsanse no calendario chinés e en algúns calendarios hindús.

Other Languages
Afrikaans: Joodse kalender
Alemannisch: Jüdischer Kalender
العربية: تقويم عبري
azərbaycanca: Yəhudi təqvimi
تۆرکجه: عبری تقویمی
беларуская: Яўрэйскі каляндар
беларуская (тарашкевіца)‎: Габрэйскі каляндар
Esperanto: Hebrea kalendaro
Nordfriisk: Hebreewsk kalender
interlingua: Calendario hebree
Bahasa Indonesia: Kalender Yahudi
日本語: ユダヤ暦
한국어: 히브리력
македонски: Еврејски календар
Bahasa Melayu: Takwim Ibrani
Nederlands: Joodse kalender
norsk nynorsk: Det jødiske året
srpskohrvatski / српскохрватски: Hebrejski kalendar
Simple English: Hebrew calendar
Basa Sunda: Kalénder Yahudi
Türkçe: İbrani takvimi
Tiếng Việt: Lịch Do Thái
ייִדיש: יידישער לוח
中文: 希伯來曆
粵語: 猶太曆