Zhang Yimou

Zhang Yimou
Opening Film CROPPED.jpg
Nome completo Zhāng Yìmóu
Nacemento 14 de novembro de 1951 (65 anos)
Xi'an, Shaanxi, China
Nacionalidade Flag of the People's Republic of China.svg China
Cónxuxe(s) Xiao Hua(肖华)(1978-1988)
Chen Ting(陈婷)(2011-)
Profesión Director, produtor, guionista, actor

Zhang Yimou ([tʂɑ́ŋ îmɤ̌ʊ̯]), nado en Xi'an ( China) o 14 de novembro de 1951 [1] é un director, produtor, guionista e actor chinés.

Traxectoria

Zhang naceu en Xi'an, fillo dun dermatólogo que fora oficial do exército revolucionario baixo Chiang Kai-shek durante a Guerra Civil Chinesa. Un tío seu e un irmán máis vello marcharon a Taiwan en 1949. Durante a Revolución Cultural Zhang abandonou os seus estudos e traballou nunha granxa durante tres anos e nunha industria téxtil durante sete. Neste tempo dedicouse á pintura e á fotografía como afeccionado.

En 1978, a pesar de non ter a idade nin os requisitos académicos, entrou na Academia Cinematográfica de Pequín e graduouse en fotografía. Na súa clase de 1982 tamén estaban Chen Kaige, Tian Zhuangzhuang e Zhang Junzhao.

Tras graduarse foi enviado a traballar como director de fotografía no estudio cinematográfico de Guangxi, cos seus compañeiros de promoción, mais axiña conseguiron o permiso para dirixir os seus propios filmes. Zhang debutou como director en 1987 con Hóng Gāoliáng, primeiro papel principal da actriz chinesa Gong Li. O filme recibiu excelentes críticas, gañando o Oso de Ouro do Festival de Berlín de 1988. [2] Ese mesmo ano comezou a produción do drama de época Jú Dòu, de novo con Gong Li.

Qiū Jú dǎ guān sī gañou o León de Ouro no Festival de Venecia de 1992. [3] O seu seguinte filme, o épico Huózhe, foi prohibido en China, pero gañou o premio especial do xurado en Cannes ademais do de mellor actor para Ge You. [4] Con Yáo a yáo, yáo dào wàipó qiáo (1995) acabou a súa relación profesional e romántica con Gong Li tras sete filmes [5] e non volverían traballar xuntos ata Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ (2006).

En 2002 estreou o ambicioso drama wuxia Heroe, con estrelas asiáticas como Jet Li, Maggie Cheung, Tony Leung Chiu-Wai, Zhang Ziyi e Donnie Yen. Tras estrearse en Norteamérica en 2004 converteuse nun éxito internacional, chegando ao número un nos Estados Unidos [6] e a ser candidata ao premio ao mellor filme en lingua estranxeira na 75ª edición dos Oscar.

Os filmes máis recentes de Zhang, así como as cerimonias dos Xogos Olímpicos de Pequín foron controvertidos. Algúns críticos indicaban que os seus novos traballos, ao contrario que os primeiros foron aprobados polo goberno chinés. Porén, Zhang dixo en entrevistas que non estaba interesado na política e que era un honor dirixir as cerimonias olímpicas por seren "unha oportunidade unha vez na vida". [7]

Desde a década de 1990 compaxinou a súa carreira cinematográfica coa dirección de teatro.

Other Languages
العربية: زانج ييمو
català: Zhang Yimou
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Diŏng Ngiê-mèu
čeština: Čang I-mou
Deutsch: Zhang Yimou
Ελληνικά: Τζανγκ Γι Μόου
English: Zhang Yimou
Esperanto: Zhang Yimou
español: Zhang Yimou
فارسی: ژانگ ییمو
français: Zhang Yimou
magyar: Csang Ji-mou
Bahasa Indonesia: Zhang Yimou
italiano: Zhang Yimou
日本語: 張芸謀
Basa Jawa: Zhang Yimou
қазақша: Чжан Имоу
한국어: 장이머우
lietuvių: Zhang Yimou
Malagasy: Zhang Yimou
മലയാളം: ഴാങ് യിമോ
Bahasa Melayu: Zhang Yimou
Nederlands: Zhang Yimou
norsk nynorsk: Zhang Yimou
polski: Zhang Yimou
português: Zhang Yimou
română: Yimou Zhang
русский: Чжан Имоу
српски / srpski: Џанг Јимоу
svenska: Zhang Yimou
Türkçe: Zhang Yimou
українська: Чжан Їмоу
Tiếng Việt: Trương Nghệ Mưu
中文: 张艺谋
Bân-lâm-gú: Tiuⁿ Gē-bô͘
粵語: 張藝謀