Zen

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Zen
BodhidharmaYoshitoshi1887.jpg
Bodhidharma meditando.
Xilografía impresa por
Yoshitoshi, 1887.
Nome xaponés
RōmajiZen
Hiraganaぜん
Kanji
Nome chinés
Mandarín Hanyu PinyinChán
Mandarín segundo Wade-GilesCh'an
CantonésSim3
WuZeu [zø]
Chinés tradicional
Chinés simplificado
Nome coreano
McCune-ReischauerSŏn
Hangul
Hanja
Nome sánscrito
RomanizaciónDhyāna
Devanágariध्यान
Nome pāli
RomanizaciónJhāna
Devanágariझान
Nome vietnamita
Quốc ngữThiền
Hán tự

O zen (en chinés: , pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste a Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.[1]

O zen céntrase na práctica rigorosa da meditación, o coñecemento da natureza de Buda, e a expresión deste coñecemento na vida diaria, especialmente para o beneficio doutros.[2][3] Por iso, pon menos énfase no coñecemento de sutras e a doutrina,[4][5] favorecendo o entendemento a través de zazen e a interacción cun mestre consumado.[6]

O ensino de zen inclúe varias fontes de pensamento Mahāyāna, especialmente Yogācāra, os Sutras Tathāgatagarbha e a Huayan.[7][8] A literatura Prajñāpāramitā[9] e, en menor grao, Madhyamaka, tamén tiveron influencia na conformación da "lingua paradóxica" da tradición zen.

Características

O Zen enfatiza o papel da meditación ( zazen) na procura da iluminación. Ademais disto, o zen tense chamado "un xeito de vida, traballo e arte". A súa práctica básica é a meditación. Así o Zen non é un concepto, senón unha experiencia persoal. Dada a influencia do Taoísmo, o zen non fai fincapé no academicismo ou en cousas similares, e en vez diso concéntrase na meditación, o coñecemento non-racional do mundo e a maneira en que a mente reacciona a aquilo.

O Zen sostén que a meditación zazen é a mellor forma de práctica espiritual. Unha tradución aproximada de zazen é "meditación sentada". No zazen os practicantes toman a postura do loto, medio loto, birmana ou seiza. Os practicantes da escola Rinzai sentan mirando o centro do cuarto, mentres a práctica da escola Sôtô é sentar mirando un muro. Búscase ter conciencia completa da postura asumida e ás veces na respiración. Desta maneira, os practicantes buscan superar o pensar e tamén ser conscientes do universo.

Escolas zen

Escolas de orixe posterior, en especial a escola Rinzai, desenvolveron os famosos koans, "adiviñas" ou "crebacabezas" paradoxais creadas para sacar a mente do seu pequeno terreo de racionalidade e levala a unha conciencia sen prexuízos. As escolas xaponesas da tradición zen son o Sôtô zen, o Rinzai zen e o Obaku zen. Orixinalmente formulado polo mestre Chinés Linji (Rinzai en Xaponés), a escola Rinzai foi introducida no Xapón no 1191 por Eisai. Dogen, quen estudara en Eisai, levou o Caodong, ou escola "zen Soto" ao Xapón desde China. Obaku foi introducido no século XVII por Ingen, un monxe chinés.

Zen e budismo

Bodhidharma e Huike.

Zen é considerado por algúns como non necesariamente unha relixión Budista , de feito algúns cristiáns teñen sido recoñecidos formalmente como mestre Zen. Zen a miúdo descrébese como “un xeito de vida”, sen depender nunha cultura en concreto.

Ao mesmo tempo, as institucións que apoian a práctica zen recoñécense como budistas e como seguidores dos ensinos de Gautama Buddha. Por iso, na práctica, o zen é unha clase de budismo.

Zen non é unha filosofía intelectual ou unha percura solitaria: o zen enfatiza na práctica meticulosa, incluíndo retiros periódicos para meditación. A práctica colectiva é valorada como un xeito de escapar das trampas do “ego”.

Zazen

A meditación zen chámase zazen. Zazen tradúcese aproximadamente por meditación sentada, aínda que na práctica se pode practicar noutras posturas. A postura formal é a posición do loto ou medio loto, sentado sobre un coxín ( zafu) ou senón nunha cadeira. Os practicantes procuran transcender o pensamento e ser directamente conscientes do universo.

Interpretación do Zen

O zen non é unha relixión senón unha orixe indefiníbel, emprazado alén das palabras e ideas, e cuxo entendemento só se logra a través da experiencia individual. Todas as relixións teñen unha orixe máis concreta e por isto o zen non ten vínculos con ningunha relixión, nin sequera co budismo. Entón, o zen é a perfección fundamental de todo o que existe e coñecérono todos os santos e sabios en todas as épocas. Así é como o zazen, máis que un método para lle axudar á xente a se liberar, é a maneira en que se expresa a perfección e entendemento da perfección presente en cada individuo.

Other Languages
Afrikaans: Zen
Alemannisch: Zen
aragonés: Zen
العربية: زن
asturianu: Zen
azərbaycanca: Dzen
تۆرکجه: ذن
башҡортса: Дзэн
Boarisch: Zen
беларуская: Дзэн
беларуская (тарашкевіца)‎: Дзэн
български: Дзен
བོད་ཡིག: ཟེན།
brezhoneg: Zen
bosanski: Zen
буряад: Дзэн
català: Budisme Zen
کوردی: زن
čeština: Zen
Cymraeg: Zen
dansk: Zen
Deutsch: Zen
Ελληνικά: Ζεν
English: Zen
Esperanto: Zeno
español: Zen
eesti: Zen
euskara: Zen
فارسی: ذن
suomi: Zen
français: Zen
Gaeilge: Zen
Gàidhlig: Zen
हिन्दी: झेन
hrvatski: Zen
magyar: Zen
հայերեն: Զեն
interlingua: Zen
Bahasa Indonesia: Zen
Ilokano: Zen
íslenska: Sen
italiano: Buddhismo Zen
日本語:
ქართული: ძენი
қазақша: Дзен буддизм
ភាសាខ្មែរ: ហ្ស៉េន
한국어: 선 (불교)
Latina: Zen
Lingua Franca Nova: Zen
ລາວ: ເຊັນ
lietuvių: Dzenas
latviešu: Dzenbudisms
македонски: Зен
монгол: Зэн буддизм
मराठी: झेन
Bahasa Melayu: Zen
မြန်မာဘာသာ: ဇင်ဗုဒ္ဓဘာသာ
Nederlands: Zen
norsk nynorsk: Zenbuddhisme
norsk: Zen
occitan: Zen
ਪੰਜਾਬੀ: ਜ਼ੈੱਨ
polski: Zen
Piemontèis: Zen
پنجابی: زین
português: Zen
română: Zen
русский: Дзэн
русиньскый: Зен
саха тыла: Дзэн
Scots: Zen
srpskohrvatski / српскохрватски: Zen
Simple English: Zen
slovenčina: Zen-budhizmus
slovenščina: Zen budizem
shqip: Zen
српски / srpski: Зен
svenska: Zen
Kiswahili: Zen
తెలుగు: జెన్
ไทย: เซน
Tagalog: Zen
Türkçe: Zen
татарча/tatarça: Дзен
українська: Дзен
Tiếng Việt: Thiền tông
Winaray: Zen
吴语: 禅宗
ייִדיש: זען בודהיזם
中文: 禅宗
文言: 禪宗
Bân-lâm-gú: Siân-chong
粵語: 禪宗