Zelandia

Zelandia
Zeeland
Bandeira de
Escudo de
Bandeira Escudo
Zeeland in the Netherlands.svg
Lema: Luctor et emergo
Loito e xurdo
Himno: Zeeuws volkslied
Estado Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Capital Middelburg
 • Poboación 38.954 ( 2007)
Lingua oficial Neerlandés
Forma de goberno Provincie
Comisario da Raíña
Karla Peijs ( CDA)
Superficie Posto 8º
 • Total 2.934 km²
 • % auga 39,1%
Poboación Posto 12º
 • Total 380.897 hab.
 • Densidade 129 hab./km²
Xentilicio Zelandés
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán UTC+2
Dominio de Internet .nl
Código ISO NL-ZE

Zelandia [1] [2] (en neerlandésZeeland[ˈzeːlɑnt] (AFI) 239 Zeeland.ogg escoitar; en zelandésZeêland) é unha provincia do suroeste dos Países Baixos, fronteiriza con Bélxica. A provincia está formada por unha serie de illas, de aí o seu nome, a Terra do Mar. A súa capital é Middelburg.

Ten 380.897 habitantes ( 2008) en 2.934 km², dos que case 1.140 km² son auga, ademais gran parte de Zelandia atópase baixo o nivel do mar. A última grande inundación rexistrada foi en 1953, na que morreron 1.835 persoas, a maioría desta provincia. Unha das actividades económicas máis importantes da rexión é o turismo, xa que as súas soleadas praias convértena nun popular destino de vacacións no verán, no que a maioría de turistas proveñen da Alemaña, chegando nalgunhas zonas a duplicar ou cuadriplicar a súa poboación nesta estación.

O escudo de Zelandia mostra un león emerxendo da auga co texto Luctor et Emergo (en latín Loito e Xurdo). A parte sur da provincia coñécese como Flandres Zelandés (Zeeuwsch-Vlaanderen).

Xeografía

Zelandia en 2009.

A provincia de Zelandia é un gran delta fluvial situado na desembocadura de varios ríos importantes. A maior parte da provincia atópase por baixo do nivel do mar, recuperando as terras por parte dos habitantes a través do tempo. O que antes era unha paisaxe de lama, que se inundaba coa marea alta e reaparecía durante a marea baixa, converteuse nunha serie de pequenos outeiros feitos polo ser humano secos en todo momento. Máis tarde a xente da rexión comezou a conectar os outeiros mediante a creación de diques, o que deu lugar a unha cadea de terra seca, que logo se converteu en illas máis grandes, que foron cambiando co tempo a mans do home e da natureza, dando a actual forma da provincia.

A inundación do Mar do Norte de 1953 anegou grandes cantidades de terra, que aínda hoxe en día só foron parcialmente recuperadas. A posterior execución do Plan Delta cambiou totalmente face da provincia. As presas, túneles e pontes do plan son actualmente unha parte vital da provincia, creando un sistema de estradas logo de décadas, chegando a substituír as vellas liñas de transbordadores. O remate final deste proceso produciuse en 2003, cando se abriu o túnel, o que foi a primeira conexión sólida entre as dúas beiras da Westerschelde, un dos estuarios que divide a rexión, terminando a era da auga que separaba as illas e penínsulas de Zelandia.

Other Languages
Afrikaans: Zeeland
aragonés: Zelanda
العربية: زيلند
مصرى: زيلاند
беларуская (тарашкевіца)‎: Зэляндыя
български: Зеландия
brezhoneg: Zeeland
català: Zelanda
čeština: Zeeland
Cymraeg: Zeeland
dansk: Zeeland
emiliàn e rumagnòl: Zelanda
English: Zeeland
Esperanto: Zelando
español: Zelanda
euskara: Zeelanda
فارسی: زیلاند
suomi: Zeeland
føroyskt: Zeeland
français: Zélande
Nordfriisk: Prowins Sialun
Frysk: Seelân
Gaeilge: Zeeland
Gàidhlig: Zeeland
עברית: זיילנד
magyar: Zeeland
Հայերեն: Զեյլանդ
interlingua: Zelanda
Bahasa Indonesia: Zeeland
Ido: Zeeland
italiano: Zelanda
한국어: 제일란트 주
Latina: Zelandia
Lëtzebuergesch: Provënz Zeeland
Limburgs: Zieland
македонски: Зеланд (покраина)
मराठी: झीलंड
Bahasa Melayu: Zeeland
Plattdüütsch: Seeland (Nedderlannen)
Nedersaksies: Zeelaand
norsk nynorsk: Zeeland
norsk: Zeeland
occitan: Zelanda
پنجابی: زی لینڈ
română: Zeelanda
Scots: Zeeland
srpskohrvatski / српскохрватски: Zeland
Simple English: Zeeland
slovenčina: Zéland (Holandsko)
Soomaaliga: Zeeland
Seeltersk: Seelound
svenska: Zeeland
Kiswahili: Zeeland
Türkçe: Zelanda (il)
اردو: زیلانت
Tiếng Việt: Zeeland
West-Vlams: Zêeland
Volapük: Zeeland
Winaray: Zeeland
Zeêuws: Zeêland
中文: 泽兰省
Bân-lâm-gú: Zeeland Séng
粵語: 西蘭