Yeardley Smith

Yeardley Smith en 2007.

Yeardley Smith, nada en París o 3 de xullo de 1964, é unha actriz estadounidense.

  • traxectoria

Traxectoria

Filla de pais estadounidenses, mudou a súa residencia en 1966. Estudou teatro e converteuse nunha actriz profesional en 1982. En 1984 residía en Nova York e actuaba na produción de Broadway The Real Thing. O seu primeiro filme foi Heaven Help Us (1985), seguido de The Legend of Billie Jean (1985) e Maximum Overdrive (1986). Trasladouse aos Ánxeles realizando un papel recurrente na serie Brothers (1986-1989). En 1987 presentouse a un casting para unha serie de curtas sobre unha familia disfuncional en The Tracey Ullman Show, pensando no papel de Bart Simpson, pero o director de casting pensou que a súa voz se adaptaba mellor ao personaxe de Lisa Simpson, deulle voz durante tres tempadas en The Tracey Ullman Show, e a partir de 1989 na serie The Simpsons, polo seu traballo recibiu un Emmy.

Asemade de The Simpsons, Smith actuou na comedia de situación Herman's Head (1991-1994) facendo o personaxe de Louise, e tivo papeis recurrentes como Marlene en Dharma & Greg, e Penny en dous episodios de Dead Like Me. Pero tamén seguiu a actuar en filmes, como Just Write (1997) ou As Good as It Gets (1997). No ano 2004 interpretou o monólogo More no Union Square Theatre de Nova York.

Other Languages
العربية: ياردلي سميث
español: Yeardley Smith
français: Yeardley Smith
Հայերեն: Յարդլի Սմիթ
Bahasa Indonesia: Yeardley Smith
italiano: Yeardley Smith
Nederlands: Yeardley Smith
português: Yeardley Smith
русский: Смит, Ярдли
srpskohrvatski / српскохрватски: Yeardley Smith
Simple English: Yeardley Smith
српски / srpski: Јардли Смит
Türkçe: Yeardley Smith
українська: Ярдлі Сміт
Volapük: Yeardley Smith