Xuramento dos Horacios

Xuramento dos Horacios
Jacques-Louis David - Oath of the Horatii - Google Art Project.jpg
ArtistaJacques-Louis David
Data1784
TécnicaÓleo sobre tela
Dimensións330 cm × 425 cm
LocalizaciónMuseo do Louvre (París)

O Xuramento dos Horacios (en francés: Le Serment des Horaces) é unha obra de Jacques-Louis David realizada en 1784, uns anos antes da Revolución Francesa. O cadro mide 330 x 425 cm e consérvase no Museo do Louvre. Considérase o paradigma da pintura neoclásica.[1]

A pintura representa o «saúdo romano», co brazo estendido e a palma cara abaixo. O tema da pintura está baseado na lenda dos Horacios e os Curiacios, lenda relatada por Tito Livio na súa obra Ab urbe condita libri, e ten unha perspectiva patriótica e neoclásica; máis tarde converteríase nun modelo a seguir por pintores posteriores. O éxito da obra fixo medrar a fama do seu autor, e permitiulle manter os seus propios estudiantes.[2]

Notas

  1. L. Cirlot (dir.). Museo do Louvre I, Col. «Museos del Mundo», Volume 3, Espasa, 2007, páx. 138-139. ISBN 978-84-674-3806-2
  2. Milicua, José (1988), páx. 41
Other Languages