Xulio César

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Caio Xulio César
Ditador de Roma
Bust of Gaius Iulius Caesar in Naples.jpg
Busto de Xulio César no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles.
Ditador da República Romana
49 a.C e 15 de marzo de 44 a. C.

Nacemento13 de xullo do 100 a. C.
Roma (República Romana)
Falecemento15 de marzo do 44 a. C.
Roma (República Romana)
HerdeiroOctavio Augusto
Cónxuxe/sCornelia Cinna (84 e 69 a. C.)
Pompeia Sila (68 e 63 a. C.)
Calpurnia Pisonis (59 e 44 a. C.)
DescendenciaXulia
Cesarión
Octavio Augusto (adoptivo)
ProxenitoresCaio Xulio César
Aurelia Cota

Caio Xulio César (en latín: Gaius Julius Caesar[1]), nado o 13 de xullo do ano 100 a. C. e finado o 15 de marzo do 44 a. C., foi un xeneral romano, home de estado, cónsul e autor de prosa en latín. Xogou un papel moi importante nos eventos que levaron á desaparición da República Romana e á creación do Imperio Romano. No ano 60 a. C., César, Craso e Pompeio formaron unha alianza política que dominou a política romana durante varios anos. Os seus intentos de recadar poder a través de tácticas populistas eran opostos á clase dirixente conservadora xunto co Senado romano, entre eles, Catón o Novo e Cicerón. As vitorias de César na Guerra das Galias, estenderon o territorio de Roma ata a Canle da Manga e o río Rin. César converteuse no primeiro xeneral romano en cruzar ambos mediante a construción dunha ponte sobre o Rin e o liderado da invasión de Britania.

Estes logros garantíronlle unha potencia militar incomparable que ameazaba con eclipsar a situación de Pompeio, que se unira ó Senado así mesmo despois da morte de Craso en 53 a. C.. Coa Guerra das Galias rematada, o Senado ordenou a César renunciar ó seu mando militar e regresar a Roma. César rexeitou a orde, e no canto diso desafiou o Senado en 49 a. C. cruzando o Rubicón cunha lexión, abandonando a súa provincia e entrando ilegalmente na Italia romana.[2] O conflito deveu nunha Guerra civil, e a vitoria de César na guerra outorgoulle unha posición privilexiada de poder e influencia.

Despois de asumir o control do goberno, César comezou un programa de reformas sociais e de goberno, incluíndo a creación do calendario xuliano. Centralizou a burocracia da República e foi proclamado "ditador en perpetuidade", o cal lle proporcionaba unha autoridade adicional. Mais o conflito político subxacente non estaba resolto, e nos idos de marzo (15 de marzo de 44 a. C.), César foi asasinado por un grupo de senadores rebeldes liderados por Marco Xunio Bruto. Unha nova serie de guerras civís comezou, e o goberno constitucional da República nunca foi restaurado. O herdeiro adoptivo de César, Octavio, coñecido posteriormente como Augusto, subiu ó poder despois de derrotar a tódolos seus rivais na guerra civil. Octavio comezou a fornecer o seu poder, e comezou a era do Imperio Romano.

A maior parte da vida de César é coñecida polos seus escritos nas campañas militares, e por outras fontes do seu tempo, como as cartas e discursos de Cicerón e os escritos históricos de Salustio. As biografías posteriores de César, escritas por Suetonio e Plutarco, son tamén grandes fontes de información. César é considerado como un dos meirandes comandantes militares da historia.

Traxectoria

Inicios

Procedente dunha das máis antigas familias do patriciado romano, os Xulios, foi educado con esmero con mestres gregos. Pasou unha xuventude disipada, na que comezou axiña a achegarse ao partido político "popular", ao cal o unía a súa relación familiar con Mario. Por esta razón, a animadversión do ditador Sila obrigouno a exiliarse por algún tempo a Bitinia. Gañou o apoio da plebe subvencionando festas e obras públicas. E foi acrecentando o seu prestixio nos diferentes cargos que ocupou: cuestor (no ano 69 a. C.), edil (65), gran pontífice (63), pretor (62) e propretor da Hispania Ulterior (61-60 a. C.). Alí tivo éxito nunha campaña militar contra os lusitanos. Tras esta, realizou unha expedición ao litoral da Gallaecia ata chegar a Brigantium.

O triunvirato

De volta a Roma, conseguiu un grande éxito político ao reconciliar os dous líderes rivais, Craso e Pompeio, aos que uniu consigo mesmo mediante un acordo privado para repartírense o poder formando un triunvirato e así opoñerse aos optimates que dominaban o Senado (60). Ao ano seguinte, César foi elixido cónsul e as medidas que adoptou viñeron a acrecentar a súa popularidade: repartiu lotes de terra entre veteranos e parados, aumentou os controis sobre os gobernantes provinciais e deu publicidade ás discusións do Senado.

Pero a ambición política de César ía máis alá e, buscando a base para obter un poder persoal absoluto, fíxose conceder por cinco anos -do 58 ao 51- o control de varias provincias: (Galia Cisalpina, Galia Narbonense e Iliria). O triunvirato foi fortalecido polo Convenio de Luca (56), que aseguraba vantaxes para cada un dos seus compoñentes; pero respondía a un equilibrio inestable, que habería de evolucionar cara á concentración do poder nunha soa man. Craso morreu durante unha expedición contra os partos (53) e a rivalidade entre César e Pompeio non encontrou freo unha vez morta Xulia, a filla daquel, casada con este (54). .

Guerra das Galias

Artigo principal: Guerra das Galias.

Entrementres, César lanzárase á conquista do resto das Galias. Derrotou os helvecios en Bribacte e o caudillo Ariovisto en Alsacia. Derrotou os nervios e eburones, o que lle permitiu ocupar todo o territorio das tribos belgas. Venceu tamén os Vénetos de Armórica. Como consecuencia, triunfou na conquista das Galias que non só completou, senón que asegurou lanzando dúas expedicións a Britania cruzando o Canal da Mancha e outras dúas a Xermania, cruzando o río Rin. Con isto chegou a dominar un vasto territorio, que ofrecía a Roma unha obra comparable á de Pompeio en Oriente.

Esmagou a rebelión de Vercinxetórix, que depositou as armas aos seus pés tras o asedio e toma de Alesia. Isto supuxo a derrota definitiva dos galos (52 a. C.).

Guerra civil

O prestixio e o poder acadados por César preocuparon a Pompeio, elixido cónsul único en Roma en medio dunha situación de caos polas loitas entre mercenarios (52). Conminado polo Senado a licenciar as súas tropas, César preferiu enfrontarse a Pompeio, a quen o Senado confiara a defensa da República como última esperanza de salvagardar a orde oligárquica tradicional.

Tras pasar o río Rubicón -que marcaba o límite da súa xurisdición-, coa súa célebre frase alea iacta est (a sorte está deitada), César iniciou unha guerra civil de tres anos (49-46) na que resultou vitorioso: conquistou primeiro Roma e Italia, despois invadiu Hispania derrotando os pompeianos en Ilerda. Posteriormente, a campaña trasladouse aos Balcanes; alí acadou a brillante vitoria da batalla de Farsalia que supuxo a rendición de 20.000 pompeístas e a derrota directa do propio Pompeio. Finalmente, dirixiuse a Oriente, onde este se refuxiara. Perseguíndoo, chegou a Exipto, onde aproveitou para intervir nunha disputa sucesoria da familia faraónica, tomando partido en favor de Cleopatra (" Guerra alexandrina", 48-47).

Asasinado Pompeio en Exipto, César proseguiu a loita contra os seus partidarios. Primeiro tivo que vencer o rei do Ponto, Farnaces, na batalla de Zela (47), que definiu coa súa soada sentenza "veni, vidi, vici" ("cheguei, vin e vencín"); despois derrotou os últimos pompeístas que resistían en África ( batalla de Tapso, 46) e os propios fillos de Pompeio en Hispania ( batalla de Munda, preto de Córdoba, 45). Vencedor en tan longa guerra civil, César calou os descontentos repartindo dádivas e recompensas durante as celebracións que organizou en Roma pola vitoria.

Morte de Xulio César, obra de Vincenzo Camuccini, 1798.

Ditadura

Unha vez dono da situación, César acumulou cargos e honras que fortaleceron o seu poder persoal: cónsul por dez anos, prefecto dos costumes, xefe supremo do exército, pontífice máximo (sumo sacerdote), ditador perpetuo, emperador con dereito de transmisión hereditaria...; a súa estatua comezou a colocarse en todos os templos, mais tamén rexeitou o diadema real que lle ofreceu o seu xeneral Marco Antonio. O Senado foi reducido a un mero consello do príncipe. Estableceu así unha ditadura militar disimulada pola aparencia de acumulación de maxistraturas civís. Reservouse o dereito a nomear e cesar funcionarios, organizou un censo de cidadáns, ditou a Lex Iulia Municipalis, repartiu terras entre as súas tropas, reformou o calendario, o fornecemento das provincias, ampliou o número de senadores a 900 e promoveu grandes obras civís.

Final e significación

O temor a que abolise o sistema republicano a prol dunha acumulación de poderes na súa persoa alentou unha conspiración contra el. Morreu asasinado no senado nos idos (quince) de marzo nunha conxura dirixida por Casio e Bruto que lle impediu completar as súas reformas. Porén, deixou terminadas algunhas, como o cambio do calendario (que se mantivo até o século XVI), unha nova lei municipal que concedía maior autonomía ás cidades, a reconversión como agricultores das masas italianas proletarizadas, o establecemento de colonias en lugares propicios para o comercio...; todo apuntaba a transformar Roma, da cidade-estado que fora, en cabeza dun imperio que abranguese a práctica totalidade do mundo coñecido, ao mesmo tempo que se transformaba a súa vella constitución oligárquica por unha monarquía autoritaria de tinturas populistas; a dita obra sería completada polo seu sobriño-neto e sucesor, Octavio Augusto.

Other Languages
Afrikaans: Julius Caesar
Alemannisch: Gaius Julius Cäsar
aragonés: Chulio César
العربية: يوليوس قيصر
asturianu: Xuliu César
azərbaycanca: Qay Yuli Sezar
تۆرکجه: ژولیوس سزار
башҡортса: Юлий Цезарь
žemaitėška: Gajos Jolėjos Cezaris
Bikol Central: Julius Caesar
беларуская: Гай Юлій Цэзар
беларуская (тарашкевіца)‎: Гай Юліюс Цэзар
български: Юлий Цезар
Bislama: Julius Caesar
bamanankan: Julius Caesar
bosanski: Julije Cezar
буряад: Юлий Цезарь
català: Juli Cèsar
Chavacano de Zamboanga: Julius Caesar
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Julius Caesar
Cebuano: Julius Caesar
Tsetsêhestâhese: Julius Caesar
Nēhiyawēwin / ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ: ᑭᑲᓯᑲᒋ ᑌᐊᐁᓭᐊᕃ
čeština: Julius Caesar
Cymraeg: Iŵl Cesar
Zazaki: Caesar
ދިވެހިބަސް: Julius Caesar
Ελληνικά: Ιούλιος Καίσαρ
English: Julius Caesar
Esperanto: Julio Cezaro
español: Julio César
euskara: Julio Zesar
estremeñu: Juliu Cesa
Na Vosa Vakaviti: Julius Caesar
føroyskt: Julius Cæsar
français: Jules César
arpetan: Julo Cèsâr
Nordfriisk: Julius Cäsar
furlan: Juli Cesar
Gaeilge: Iúil Caesar
贛語: 凱撒大帝
Gàidhlig: Iulius Caesar
ગુજરાતી: જુલિયસ સીઝર
客家語/Hak-kâ-ngî: Julius Caesar
Hawaiʻi: Iulius Caesar
Fiji Hindi: Julius Caesar
Kreyòl ayisyen: Julius Caesar
interlingua: Julio Cesare
Bahasa Indonesia: Julius Caesar
Interlingue: Julius Caesar
Ilokano: Julius Caesar
íslenska: Júlíus Caesar
la .lojban.: .iuli'us. kaisar.
Basa Jawa: Julius Caesar
Qaraqalpaqsha: Julius Caesar
Kabɩyɛ: Jules César
Gĩkũyũ: Julius Caesar
ភាសាខ្មែរ: ជូលីស៍ សេសារ
Кыргызча: Юлий Цезарь
Lëtzebuergesch: Gaius Iulius Caesar
Lingua Franca Nova: Cesar
Limburgs: Julius Caesar
lumbaart: Giuli Ceser
lingála: Julius Caesar
لۊری شومالی: جوٙلیوٙس سئزار
latviešu: Jūlijs Cēzars
Malagasy: Joliosy Kaisara
Baso Minangkabau: Julius Caesar
македонски: Гај Јулиј Цезар
монгол: Юлий Цезарь
Bahasa Melayu: Julius Caesar
Mirandés: Júlio César
မြန်မာဘာသာ: ဂျူးလိယက်ဆီဇာ
مازِرونی: سزار
Dorerin Naoero: Julius Caesar
Nāhuatl: Julius Caesar
Napulitano: Gaio Giulio Cesare
Plattdüütsch: Gaius Julius Caesar
नेपाल भाषा: जुलियस सिजर
Nederlands: Julius Caesar
norsk nynorsk: Julius Cæsar
Nouormand: Jules César
occitan: Juli Cesar
Livvinkarjala: Julius Caesar
Norfuk / Pitkern: Julius Caesar
Piemontèis: Gajo Giulio Céser
پنجابی: جولیس سیزر
português: Júlio César
română: Iulius Cezar
armãneashti: Julius Caesar
русиньскый: Юлій Цезар
संस्कृतम्: जुलियस कैसर
саха тыла: Юлий Цезарь
Sängö: Julius Caesar
srpskohrvatski / српскохрватски: Julije Cezar
Simple English: Julius Caesar
slovenčina: Gaius Iulius Caesar
slovenščina: Gaj Julij Cezar
Gagana Samoa: Julius Caesar
chiShona: Julius Caesar
Soomaaliga: Julius Caesar
српски / srpski: Гај Јулије Цезар
Sesotho: Julius Caesar
svenska: Julius Caesar
Kiswahili: Julius Caesar
тоҷикӣ: Юлий Сезар
Tagalog: Julio Cesar
Tok Pisin: Julius Caesar
Türkçe: Jül Sezar
татарча/tatarça: Гай Юлий Цезарь
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: يۇلىئۇس كايسار
українська: Гай Юлій Цезар
oʻzbekcha/ўзбекча: Julius Caesar
Tshivenda: Julius Caesar
vepsän kel’: Gai Julii Cezar'
Tiếng Việt: Julius Caesar
Volapük: Julius Caesar
Winaray: Julius Caesar
吴语: 凱撒
მარგალური: იულიუს კეისარი
Yorùbá: Juliu Késárì
Vahcuengh: Gaejsa
Zeêuws: Julius Caesar
文言: 凱撒
Bân-lâm-gú: Julius Caesar
粵語: 凱撒