Xerusalén
English: Jerusalem

Xerusalén
יְרוּשָׁלַיִם (Yerushalayim)
القُدس (al-Quds)
Flag of Jerusalem.svg
Emblem of Jerusalem.svg
Jerusalem infobox image.JPG
Comezando por enriba e á esquerda: vista de Xerusalén Givat ha'Arba, Mamilla, a Cidade vella e a Cúpula da Rocha, un zoco na Cidade vella, Knesset, o Muro das Lamentacións, a Torre de David e sobre as murallas da Cidade vella.
Localización
Xerusalén en Israel
Xerusalén
Xerusalén
PaísFlag of Israel.svg Israel
DistritoDistrito de Xerusalén
Xeografía
Altitude630 msnm
Superficie125´2 km²
Demografía
Poboación882,652 hab. (2016) (1,253,900 na área metropolitana)[1]
Densidade7,100 hab/km²
Xentilicioxerosolimitano, hierosolimitano[2]
Outros datos
Alcaldejerusalem.muni.il
Reconstrución do templo de Salomón

Xerusalén[2] (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicasxudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións.[3] A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo.[4] A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá.[5] En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX.[6] A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo.[7] Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.[8]

O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional,[9] e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Toponimia

Nuns textos de execración da época do Imperio Medio de Exipto, cara o século XIX a. C. aparece mencionada unha cidade chamada Rušalim que é amplamente, máis non de xeito unánime, identificada con Xerusalén.[10][11] A cidade aparece recollida como Urušalim nas cartas de Amarna de Abdi-Heba (cara o 1300 a. C.).[12]

O nome Xerusalén enténdese etimolóxicamente como "fundación (do sumerio yeru, 'asentamento'/semítico yry' 'fundar, deitarse') do deus Shalem"[13][14]. Este deus foi a deidade orixinal durante a idade de Bronce na cidade.[15]

A forma hebrea Yerushalem ou Yerushalayim (Xerusalén) aparece por primeira vez na Biblia, no libro de Xosué. Segundo un Midrash, o nome é unha combinación de "Yireh" ("a morada", o nome dado por Abraham ao lugar onde tiña que sacrificar ao seu fillo) e " Salem" ("Lugar de Paz", dado polo Sumo Sacerdote Sem) polo que ambos nomes estaban unidos por Deus.[16][17]

En árabe, Xerusalén coñécese habitualmente como القُدس, transliterado como al-Quds e significa "A Santa" ou "O Santo Santuario".[18][19] A política oficial do goberno de Israel prefire o uso da forma أُورُشَلِيمَ, transliterada como Ūršalīm, máis afín ao nome hebreo, para que sexa utilizada en árabe como nome para a cidade xunto ao de al-Quds أُورُشَلِيمَ-القُدس (Ūršalīm al-Quds).[20] As familias árabes palestinas orixinarias da cidade refírense a miúdo a ela como "Qudsi" ou "Maqdisi", mentres que os xerosolimitanos palestinos musulmáns usan estes termos como o xentilicio.[21]

Other Languages
Acèh: Al-Quds
Afrikaans: Jerusalem
Alemannisch: Jerusalem
አማርኛ: እየሩሳሌም
aragonés: Cherusalem
Ænglisc: Ierusalem
العربية: القدس
ܐܪܡܝܐ: ܐܘܪܫܠܡ
مصرى: القدس
অসমীয়া: জেৰুজালেম
asturianu: Xerusalén
azərbaycanca: Qüds
تۆرکجه: بیت المقدس
башҡортса: Иерусалим
Boarisch: Jerusalem
žemaitėška: Jerozalė
Bikol Central: Herusalem
беларуская: Іерусалім
беларуская (тарашкевіца)‎: Ерусалім
български: Йерусалим
भोजपुरी: येरुशलम
Bahasa Banjar: Baitul Maqdis
bamanankan: Jerusalem
brezhoneg: Jeruzalem
bosanski: Jerusalem
буряад: Иерусалим
català: Jerusalem
Chavacano de Zamboanga: Jerusalén
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ià-lô-sák-lēng
нохчийн: Къудс-ГӀала
Cebuano: Jerusalen
Chamoru: Jerusalem
کوردی: ئورشەلیم
qırımtatarca: Qudus
čeština: Jeruzalém
kaszëbsczi: Jerozolëma
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Їєроусалимъ
Чӑвашла: Иерусалим
Cymraeg: Jeriwsalem
dansk: Jerusalem
Deutsch: Jerusalem
Zazaki: Urşelim
dolnoserbski: Jeruzalem
डोटेली: जेरुशलम
ދިވެހިބަސް: ޤުދުސް
Ελληνικά: Ιερουσαλήμ
English: Jerusalem
Esperanto: Jerusalemo
español: Jerusalén
euskara: Jerusalem
estremeñu: Jerusalén
فارسی: اورشلیم
suomi: Jerusalem
Na Vosa Vakaviti: Jerusalemi
føroyskt: Jerúsalem
français: Jérusalem
Nordfriisk: Jerusalem
furlan: Jerusalem
Frysk: Jeruzalim
Gaeilge: Iarúsailéim
贛語: 耶路撒冷
Gàidhlig: Ierusalem
Avañe'ẽ: Herusalẽ
Gaelg: Jerusalem
客家語/Hak-kâ-ngî: Yâ-lu-sat-lâng
Hawaiʻi: Ielukalema
עברית: ירושלים
हिन्दी: यरुशलम
Fiji Hindi: Jerusalem
hrvatski: Jeruzalem
hornjoserbsce: Jeruzalem
magyar: Jeruzsálem
հայերեն: Երուսաղեմ
interlingua: Jerusalem
Bahasa Indonesia: Yerusalem
Interlingue: Jerusalem
Igbo: Jerusalem
Ilokano: Herusalem
ГӀалгӀай: Байтулмакъдис
íslenska: Jerúsalem
italiano: Gerusalemme
日本語: エルサレム
Patois: Jiruusalem
Basa Jawa: Yérusalem
ქართული: იერუსალიმი
Qaraqalpaqsha: Al-Qudıs
Taqbaylit: Orcalim
Kabɩyɛ: Jeruzalɛm
Gĩkũyũ: Jerusalem
қазақша: Иерусалим
kalaallisut: Jerusalem
ಕನ್ನಡ: ಜೆರುಸಲೆಂ
한국어: 예루살렘
kurdî: Orşelîm
kernowek: Jerusalem
Кыргызча: Иерусалим
Latina: Hierosolyma
Ladino: Yerushalayim
Lëtzebuergesch: Jerusalem
лезги: Иерусалим
Lingua Franca Nova: Ieruxalim
Limburgs: Jeruzalem
Ligure: Gerusalemme
lumbaart: Gerüsalem
lingála: Yerusalémi
لۊری شومالی: اۊرشٱلیم
lietuvių: Jeruzalė
latviešu: Jeruzaleme
मैथिली: जेरुसेलम
мокшень: Ерусалим
Malagasy: Jerosalema
олык марий: Иерусалим
македонски: Ерусалим
മലയാളം: ജെറുസലേം
монгол: Иерусалим
मराठी: जेरुसलेम
Bahasa Melayu: Baitulmuqaddis
Mirandés: Jarusalen
မြန်မာဘာသာ: ဂျေရုဆလင်မြို့
эрзянь: Иерусалим
مازِرونی: اورشلیم
Nāhuatl: Ierusalem
Napulitano: Gierusalemme
Plattdüütsch: Jerusalem
नेपाली: जेरुसेलम
Nederlands: Jeruzalem
norsk nynorsk: Jerusalem
norsk: Jerusalem
Novial: Jerusalem
Nouormand: Jérusalem
Chi-Chewa: Jerusalem
occitan: Jerusalèm
Livvinkarjala: Jerusalimu
ਪੰਜਾਬੀ: ਜੇਰੂਸਲਮ
Papiamentu: Herusalem
Norfuk / Pitkern: Jerusalem
polski: Jerozolima
Piemontèis: Gerusalem
پنجابی: یروشلم
Ποντιακά: Ιερουσαλήμ
português: Jerusalém
Runa Simi: Yerushalayim
rumantsch: Jerusalem
Romani: Jerusalem
Kirundi: Jerusalem
română: Ierusalim
tarandíne: Gerusalemme
русский: Иерусалим
русиньскый: Єрусалим
Kinyarwanda: Yerusalemu
саха тыла: Иерусалим
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱡᱮᱨᱩᱥᱟᱞᱤᱢ
sicilianu: Girusalemmi
Scots: Jerusalem
srpskohrvatski / српскохрватски: Jeruzalem
Simple English: Jerusalem
slovenčina: Jeruzalem
slovenščina: Jeruzalem
Gagana Samoa: Ierusalema
chiShona: Jerusalem
Soomaaliga: Qudus
shqip: Jeruzalemi
српски / srpski: Јерусалим
Sranantongo: Jerusalem
Seeltersk: Jerusalem
Basa Sunda: Yerusalem
svenska: Jerusalem
Kiswahili: Yerusalemu
ślůnski: Jerozolima
தமிழ்: எருசலேம்
తెలుగు: జెరూసలేం
тоҷикӣ: Уршалим
Türkmençe: Ierusalim
Tagalog: Herusalem
Tok Pisin: Yerusalem
Türkçe: Kudüs
татарча/tatarça: Иерусалим
chiTumbuka: Jerusalem
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: قۇدس
українська: Єрусалим
اردو: یروشلم
oʻzbekcha/ўзбекча: Quddus
vèneto: Hierusalem
vepsän kel’: Jerusalim
Tiếng Việt: Jerusalem
Volapük: Hierusalem
walon: Djeruzalem
Winaray: Jerusalén
Wolof: Jerusalem
吴语: 耶路撒冷
isiXhosa: IJerusalem
მარგალური: იერუსალიმი
ייִדיש: ירושלים
Zeêuws: Jeruzalem
中文: 耶路撒冷
文言: 耶路撒冷
Bân-lâm-gú: Iâ-lō͘-sat-léng
粵語: 耶路撒冷
isiZulu: IYerusalem