Xermania Inferior

Localización da provincia.

A Xermania Inferior foi unha provincia romana que ocupaba os territorios dos actuais Países Baixos e noroeste de Alemaña, sendo a súa fronteira oriental o río Rin (en latín Rhenus).

Historia

Ata os tempos de Xulio César, ningún exército se chegara tan ó norte da Galia. No verán do 57 a.C., o xeneral romano derrotou ós nervios en Flandres no val do Mosa. Na primavera do 55 a.C., César acudiu a parlamentar cos caudillos dos usipetes e tencteri do Rin inferior, que desexaban establecerse na beira occidental do río. No medio da reunión, César capturounos e esmagou ás súas hostes. Despois construíu unha ponte sobre o Rin para intimidar ós xermanos que aínda desexaban cruzar, así como explorar a rexión, ata entón descoñecida.

Entre os anos 39 a.C. e 38 a.C., Agripa expulsou ós suevos da beira oeste do Rin e estableceu no seu lugar ós ubios, un pobo aliado de Roma. As continuas guerras deixaran esta rexión deserta, e os ubios fundaron a vila de Ara Ubiorum, a moderna Colonia. No -27, Octavio Augusto creou a provincia de Gallia Belgica, cuxa capital era Reims.

O gobernador Marco Lolio soubo en -17 que os sicambres, usipetes e tencteri, ó mando do sugambro Melón, cruzaran o Rin. O exército romano enfrontounos no val do Mosa, mais os xermanos rexeitaron a cabalería e logo ós lexionarios, e por último a aguia da V lexión foi roubada. Debido a que esta humillación debía ser vingada, Augusto enviou ós irmáns Tiberio e Druso a fornecer a fronteira do Rin. Ademais dividiu os territorios xermánicos conquistados en dous distritos militares romanos: Xermania Superior e Xermania Inferior. Para cuestións administrativas dependían do legado da Gallia Belgica, pero para cuestiones militares, os legados das lexións eran plenamente autónomos.

Other Languages
български: Долна Германия
čeština: Dolní Germánie
hrvatski: Donja Germanija
Nederlands: Germania Inferior
português: Germânia Inferior
srpskohrvatski / српскохрватски: Donja Germanija
slovenščina: Spodnja Germanija
српски / srpski: Доња Германија
Tiếng Việt: Hạ Germania