Denominación
Cando o Reino de Castela tomou Xerez o 9 de outubro de 1264 aos musulmáns no período coñecido como a Reconquista, a cidade pasa a denominarse Xerez, representando o fonema /x/ (iota) co pictograma X, como era regra na época. Outros casos similares son México e Texas. Á que se lle engadiría ao pouco tempo de la Frontera, ao atoparse na
Fronteira co Reino de Granada, e ser escenario habitual de escaramuzas e enfrontamentos entre ambos reinos. Máis de dous séculos máis tarde, trala conquista de Granada en 1492, Xerez perde a súa condición de cidade fronteiriza definitivamente, pero non perde tal denominación.
O primeiro club de fútbol existente na cidade (de 1907 ao 1911, segundo fontes), o Xerez Fútbol Club, recupera o pictograma clásico "X" en lugar de utilizar a "J" moderna. Con todo, a pronunciación é a mesma. O Jerez Club Deportivo, descendente directo do anterior decide renderlle homenaxe a instancia do ex-presidente
Pablo Porro Guerrero, a través de dúas medidas. A primeira delas foi o cambio de camiseta á usada polo primeiro club, pasando de camiseta de raias branca e azuis verticais a unha lisa azul. Este equipamento é o actual, diferenciándose unicamente da do Xerez Fútbol Club en que este utilizaba medias negras. A segunda medida tomada foi a recuperación do pictograma "X", pasando a ser Xerez Club Deportivo. O 29 de setembro de 1992 o club transfórmase nunha Sociedade Anónima Deportiva, pasando á denominación definitiva actual: Xerez Club Deportivo Sociedad Anónima Deportiva.