Xente corrente

Xente corrente
Ficha técnica
Título orixinalOrdinary People
DirectorRobert Redford
ProdutorRonald L. Schwary
GuiónAlvin Sargent
Nancy Dowd
Baseado enOrdinary People de Judith Guest
IntérpretesDonald Sutherland
Mary Tyler Moore
Timothy Hutton
Judd Hirsch
Elizabeth McGovern
MúsicaMarvin Hamlisch
FotografíaJohn Bailey
MontaxeJeff Kanew
DistribuidoraParamount Pictures
EstreaFlag of the United States.svg 19 de setembro de 1980
Duración124 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$6 000 000
Recadación$54 766 923

Xente corrente (en versión orixinal inglesa Ordinary People) é un filme estadounidense dirixido por Robert Redford que foi estreado en 1980. A historia está baseado na novela homónima de Judith Guest, e conta a desintegración dunha familia de clase alta logo da morte dun dos fillos nun accidente marítimo. Está protagonizado por Donald Sutherland, Mary Tyler Moore, Judd Hirsch e Timothy Hutton.

O filme foi un éxito comercial e de crítica, gañando catro Premios Oscar, incluíndo o Oscar ó mellor filme.

Argumento

Conrad acaba de saír do hospital despois de intentar suicidarse por mor da morte do seu irmán nun accidente. Mantén unha relación moi tensa coa súa nai e vive atormentado por sentimentos de culpa. Aínda que visita tódalas semanas un psiquiatra, non se sente a gusto ata que coñece unha compañeira do coro e comezan a saír xuntos.

Other Languages