Xanthophyceae

Xantofíceas
Botrydium granulatum
Botrydium granulatum
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) SAR
Superfilo: Heterokontophyta
Filo: Ochrophyta
Clase: Xanthophyceae
Allorge, 1930, [1] emend. Fritsch, 1935 [2]
Sinonimia
  • Heterokontae Luther, 1899 [3]
  • Heterochloridia Pascher, 1912
  • Tribophyceae Hibberd, 1981 [4]
  • Heteromonadida Leedale, 1983 [5]
  • Xanthophyta Hibberd, 1990 [6]

As xantofíceas, Xanthophyceae, ou algas amarelo-verdosas son un importante grupo de algas heterocontas. Predominan nas augas doces aínda que algunhas especies se atopan en ambientes mariños e en solos. As súas formas varían tal que van desde ser especies unicelulares flaxeladas a colonias filamentosas simples. O que caracteriza a esta clase é un flaxelo frontal con pelame. [7]

Os cloroplastos das xantofíceas conteñen os pigmentos clorofila a, clorofila c, β-caroteno e o carotenoide diadinoxantina. [8] A contra doutros heterocontos, os seus cloroplastos non teñen fucoxantina, o que lle daría unha cor máis clara. Os cloroplastos están rodeados por dúas membranas de retículo endoplasmático. A membrana exterior do retículo endoplasmático do cloroplasto é continua á membrana do núcleo celular. O "punto ocular" que posúen as células móbiles está sempre no cloroplasto. [7] Acumulan polisacáridos en forma de crisolaminarina. [8] As paredes celulares das xantofíceas están compostas de celulosa e hemicelulosa. [8] En case todas as súas células que non son móbiles a parede celular componse de dúas pezas superpostas.

O seu grupo filoxenético máis próximo son os feófitos. [7]

Estrutura celular

A parede celular das xantofíceas é case toda de celulosa. En Vaucheria supón o 90%, e o restante son polisacáridos amorfos formados por glicosa e ácidos urónicos. Case todos teñen dúas paredes que se superpoñen, e isto case non se percibe porque están ben pegadas entre si. A metade máis grande encaixa sobre da outra, como fan as placas Petri. A placa maior ten un pé tubular. Segundo a célula medra a placa maior mantense igual de grande, pero o pé vai medrando, alongándose. Os xéneros filamentosos como Tribonema teñen paredes con placas en forma de "H". [7]

O retículo endoplasmático asociado aos cloroplastos ten unha membrana externa continua coa membrana nuclear. Os tilacoides dos cloroplastos agrúpanse en bandas de tres. Algúns xéneros teñen pirenoides nos cloroplastos. Os puntos oculares que aparecen na parte anterior e por debaixo da membrana dos cloroplastos. Presentan clorofilas a e c1 e carotenoides como son a diadinoxantina, a heteroxantina e o éster vauqueriaxantina. [7]

Os plástidos acumulan glicosa e manitol. O principal produto que acumulan semella ser un glicano, semellante ao paramilón, e os lípidos. [7]

Other Languages