Xénero gramatical

Distincións de xénero nos pronomes indepedientes nas linguas do mundo.

O xénero gramatical é un trazo gramatical que fai referencia a cada unha das categorías en que se poden clasificar certas clases lexicais dunha lingua. Nalgunhas linguas coma a galega o xénero adoita vincularse vagamente co sexo (cando esas clases refiren seres vivos sexuados, aínda que non sempre).

Xéneros e clases nominais

Nas linguas indoeuropeas as clases de palabras susceptibles da marca de xénero son xeralmente os substantivos, adxectivos, participios e pronomes. Noutras coma o árabe o verbo tamén é susceptible de expresar o xénero.

Algunhas linguas teñen un só xénero e tratan todos os substantivos da mesma maneira dende un punto de vista gramatical. É o caso do vasco e das linguas ugro-fínicas (finés, estoniano, húngaro). Outras coma as indoeuropeas (entre as que se atopan as románicas) teñen entre un e tres xéneros. Algunhas linguas caucásicas teñen entre catro e oito e a maior parte das bantús entre dez e vinte.

A distinción gramatical pode darse baixo formas diversas. A concepción de xénero gramatical varía grandemente de cultura a cultura. Os criterios máis comúns para distinguir os xéneros nominais nas diferentes linguas do mundo son os seguintes:

Algunhas linguas clasifican os obxectos tomando como base a súa forma: os animais e os obxecto oblongos son considerados nomes masculinos e os redondos femininos. Correlacións deste tipo -entre o xénero nominal e a forma do obxecto que refiren- son discernibles no xénero nominal dalgunhas linguas da familia indoeuropea.

Denomínanse xéneros gramaticais a un certo tipo de clases nominais onde se fai concluír, en menor ou maior medida, o xénero natural ou biolóxico do referente nominal cunha clase determinada, isto é, macho con clase nominal masculina, femia con clase nominal feminina. De coincidir totalmente esta adscrición baseada no xénero biolóxico fálase de linguas con xénero natural. Tamén ocorre, moi frecuentemente nas linguas indoeuropeas, que todos os substantivos, quer animados quer inanimados -e por tanto sen xénero natural- se teñan que adscribir a algunha destas clases. Existen linguas que distinguen entre máis que dous xéneros gramaticais, especialmente incorporando un terceiro que se dá habitualmente en chamar neutro. Mais non é por iso que exista necesariamente unha adscrición directa de cada substantivo a cada un destes xéneros segundo sexa animado masculino, animado feminino ou inanimado.

Other Languages
Alemannisch: Genus
Ænglisc: Grammatisc cyn
العربية: جنس اسم
Boarisch: Genus
беларуская: Граматычны род
български: Род (граматика)
čeština: Jmenný rod
Cymraeg: Cenedl enwau
Deutsch: Genus
føroyskt: Kyn (mállæra)
hrvatski: Gramatički rod
Ido: Gendro
日本語: 性 (文法)
한국어: 성 (문법)
kurdî: Cotzeyandî
македонски: Род (граматика)
norsk nynorsk: Genus
português: Gênero gramatical
română: Gen gramatical
srpskohrvatski / српскохрватски: Rod (gramatika)
slovenščina: Slovnični spol
српски / srpski: Rod (gramatika)
українська: Рід (мовознавство)
中文: 性 (语法)