Xénero (bioloxía)

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Características

Compónse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica ( piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamiento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da fructificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.

Un notoxénero é un un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de Clasificación

Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]
Other Languages
Afrikaans: Genus
Alemannisch: Gattung (Biologie)
العربية: جنس (تصنيف)
башҡортса: Ырыу (биология)
беларуская: Род (біялогія)
беларуская (тарашкевіца)‎: Род (біялёгія)
български: Род (биология)
brezhoneg: Genad
bosanski: Rod (biologija)
čeština: Rod (biologie)
Cymraeg: Genws
dolnoserbski: Rod (biologija)
English: Genus
Esperanto: Genro (biologio)
فارسی: سرده
français: Genre (biologie)
Gaeilge: Géineas
Avañe'ẽ: Jueheguaty
Gaelg: Genus
hornjoserbsce: Ród (biologija)
Bahasa Indonesia: Genus
Ido: Genero
日本語: 属 (分類学)
Basa Jawa: Gènus
한국어: 속 (생물학)
Kurdî: Cins
Кыргызча: Уруу (биология)
Lëtzebuergesch: Gattung (Biologie)
Baso Minangkabau: Genus
македонски: Род (биологија)
മലയാളം: ജീനസ്
Bahasa Melayu: Genus
မြန်မာဘာသာ: မျိုးစု
Plattdüütsch: Geslecht (Biologie)
norsk nynorsk: Biologisk slekt
Kapampangan: Genus
Piemontèis: Géner
português: Género (biologia)
Runa Simi: Rikch'ana
română: Gen (biologie)
русиньскый: Род (біолоґія)
саха тыла: Уус (биология)
Scots: Genus
srpskohrvatski / српскохрватски: Rod (taksonomija)
Simple English: Genus
slovenčina: Rod (taxonómia)
slovenščina: Rod (biologija)
српски / srpski: Род (биологија)
Basa Sunda: Génus
svenska: Släkte
Kiswahili: Jenasi
తెలుగు: ప్రజాతి
Tagalog: Sari
Türkçe: Cins
татарча/tatarça: Ыруг (биология)
українська: Рід (біологія)
اردو: جنس
oʻzbekcha/ўзбекча: Urugʻ (zoologiya)
Tiếng Việt: Chi (sinh học)
Winaray: Genus
მარგალური: გვარი (ბიოლოგია)
中文:
粵語: