Witold Pilecki

Witold Pilecki
Witold Pilecki in color.jpg
Foto coloreada de antes de 1939
Nacemento 13 de maio de 1901
Lugar Olonets, Karelia, Rusia
Falecemento 25 de maio de 1948
Lugar Varsovia Polonia Polonia
Causa Fusilamento
Soterrado Powązki Cemetery
Nacionalidade Polonia
Alma máter Universidade de Vilnius
Ocupación Militar
Premios Ordem da Águia Branca, Commander of the Order of Polonia Restituta, Cruz de Valor, Auschwitz Cross, Recipient of the Silver Cross of Merit (Poland)‎, Army of Central Lithuania Cross of Merit, Decade of Independence Regained, War Medal 1918-1921, Warsaw Cross of the Uprising e Order of the Star of Perseverance
editar datos en Wikidata ]

Witold Pilecki ˈvitɔlt piˈlɛt͡skʲi, nado en Olonets ( Karelia, Rusia) o 13 de maio de 1901 e finado en Varsovia o 25 de maio de 1948, foi un soldado polaco, coñecido cos nomes en clave de Roman Jezierski, Tomasz Serafiński, Druh e Witold.

Traxectoria

Rittmeister da cavalería polaca durante a Segunda República Polaca, fundador do Exército Secreto Polaco (Tajna Armia Polska), un grupo de resistencia na Polonia ocupada pola Alemaña nazi en novembro de 1939, e membro do exército Armia Krajowa formado en febreiro de 1942. Foi o autor do Informe Witold, o primeiro informe de intelixencia sobre o campo de concentración de Auschwitz.

Durante a Segunda Guerra Mundial, foi voluntario para unha operación da resistencia polaca na que sería encarcerado no campo de concentración de Auschwitz para recadar información e escapar posteriormente. Estando no campo Pilecki organizou un movemento de resistencia en 1941 e proporcionou información aos Aliados sobre os crimes de guerra que acontecían en Auschwitz. Escapou do campo de concentración en 1943 tras permanecer prisioneiro durante dous anos e medio. Pilecki tomou parte no Alzamento de Varsovia en agosto de 1944. [1] Permaneceu leal ao goberno polaco no exilio en Londres, e foi executado en 1948 pola policía secreta Urząd Bezpieczeństwa baixo cargos de traballar para o "imperialismo estranxeiro", considerado un eufemismo do MI6. [2] Ata 1989, a información sobre a súa contribución e execución estaba censurada pola República Popular de Polonia. [2] [3]

Coma resultado das súas accións durante a guerra, é considerado por moitos coma "un dos maiores heroes da guerra". [1] [4] [5]

Other Languages
беларуская: Вітольд Пілецкі
беларуская (тарашкевіца)‎: Вітольд Пілецкі
български: Витолд Пилецки
čeština: Witold Pilecki
Esperanto: Witold Pilecki
español: Witold Pilecki
français: Witold Pilecki
hrvatski: Witold Pilecki
italiano: Witold Pilecki
Nederlands: Witold Pilecki
português: Witold Pilecki
Türkçe: Witold Pilecki
українська: Вітольд Пілецький