Wikipedia:Guía/Fontes

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

Unha das nocións básicas da Wikipedia está resumida aquí: "se engades información a un artigo, asegúrate de incluír as túas referencias xa que os datos non referenciados están suxeitos á súa eliminación". O mellor é usar citas nas liñas para que os demais lectores poidan verificar a información que achegas. Tamén tes que comprobar que as fontes que usas sexan de confianza e fiables.

Notas ao pé

O xeito máis doado de crear unha cita nunha liña é mediante as notas ao pé. Podes crear notas ao pé con formato wiki na caixa de edición incluíndo:

  • <ref>A TÚA FONTE</ref>; as etiquetas ref aos lados da túa fonte, e se aínda non o hai,
  • baixo a cabeceira ==Notas== preto do final da páxina.

Se a túa fonte é unha páxina web tes que crear unha ligazón externa cara ao enderezo desa páxina. Non uses outros artigos da Wikipedia como fonte.

Para crear unha ligazón externa cara á túa fonte, pon o enderezo da páxina web ( URL) entre corchetes (un ao comezo e outro á fin) tras o texto que queiras engadir, así:

  • <ref>[http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]</ref>

É unha boa idea, aínda que non é necesario, proporcionar unha descrición curta xusto ao lado do enderezo. A descrición mostrarase na lista de referencias como o título da ligazón externa.

Para citar unha páxina web sen dar ningunha descrición, dá simplemente o URL entre etiquetas ref; por exemplo:

  • <ref>http://www.google.es/webhp?hl=gl</ref>

Ademais, existen modelos que permiten dar formato ás referencias, olla Categoría:Marcadores de referencias.

Other Languages