Wikipedia:Citar as fontes

Para ler unha introdución dos aspectos máis básicos sobre como citar, véxase Wikipedia:Guía/Fontes.

Unha cita ou referencia é unha liña de texto que identifica de xeito único unha fonte:

Ritter, Ron. The Oxford Style Manual. Oxford University Press, 2002, p. 1.

Na Wikipedia, cómpre citar as fontes para axudar ao lector a verificar os contidos do artigo e a atopar máis información. As citas son unha parte importante de calquera artigo da Wikipedia, xa que serven para identificar as fontes acreditadas nas que se basea. Na maioría dos casos, as citas sobre pezas específicas de información contida no artigo achéganse en forma de notas ao pé. Estas citas aparecen numeradas ao longo de todo o corpo do artigo e reciben o nome de citas en liña co texto.

A política de verificabilidade da Wikipedia esixe estas citas en liña cando haxa algún material cuestionable ou suxeito a selo, e para todas as citas textuais. Con todo, aconséllase aos editores engadir referencias para calquera material engadido.

Esta páxina contén información sobre a colocación e o formato das citas. A situación ideal é que cada artigo utilice o mesmo método de cita en todo o seu corpo. Non obstante, o máis importante sempre é achegar a suficiente información para identificar a referencia. Os detalles de formato pódense mellorar máis tarde, se fose necesario.

Tipos de citas

A continuación detállanse os tipos de citas que existen:

  • Unha cita completa identifica perfectamente unha fonte acreditada e, se fose necesario, o lugar no que se atopa dentro da fonte (como o número de páxina). Por exemplo: Rawls, John. A Theory of Justice. Harvard University Press, 1971, p. 1. Este tipo de cita aparece normalmente nas notas ao pé.
  • Unha referencia xeral é a cita das fontes acreditadas que apoian os contidos do artigo, pero que non aparecen como citas en liña xunto co texto. Estas referencias xerais aparecen ao final do artigo, dentro da sección ==Véxase tamén== e baixo a subsección ===Bibliografía===.
  • Unha cita curta é unha cita en liña co texto que identifica o lugar dentro dunha fonte onde se atopa a información específica, pero sen dar detalles completos da fonte, que xa se achegou como referencia xeral. Por exemplo: Rawls 1971, p. 1.
  • Un recoñecemento no texto significa dicir dentro da redacción do artigo de onde vén unha afirmación en particular. Isto adóitase facer especialmente con declaracións de opinións, feitos dubidosos e citas textuais. Estes recoñecementos non dan detalles completos da fonte, xa que esta aparecerá tamén. Por exemplo: Segundo escribiu John Rawls,[5]...
Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Вікіпэдыя:Спасылкі на крыніцы
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Wikipedia:列明來源
hornjoserbsce: Wikipedija:Žórła
ភាសាខ្មែរ: វិគីភីឌា:Citing sources
norsk nynorsk: Wikipedia:Kjelder
davvisámegiella: Wikipedia:Gáldut
srpskohrvatski / српскохрватски: Wikipedia:Navođenje izvora
Simple English: Wikipedia:Citing sources
oʻzbekcha/ўзбекча: Vikipediya:Manbalarga ishoratlar