Wikipedia:Homónimos

As páxinas de homónimos na Wikipedia son aquelas que serven para resolver posibles conflitos cando un termo resulta ambiguo. Polo xeral estes termos poden facer referencia a máis dun só tema, que pode ser o principal dun artigo ou un tema secundario cuberto nun artigo cun título distinto. Os homónimos poden aplicarse tamén a títulos que presenten unha falta inherente de precisión e poidan confundir facilmente ao lector.

Os tres propósitos principais do uso de páxinas de homónimos son:

  • O uso concreto de títulos de artigos de maneira que cada tema teña o seu propio título único.
  • Conseguir que as ligazóns internas de termos ambiguos apunten cara o artigo correcto.
  • Asegurar que o lector que procure un temo particular por medio do sistema de procura poida acadar a información sobre ese tema de forma fácil e rápida.

Cando crear páxinas de homónimos

As páxinas de homónimos créanse cando existe máis dun artigo cun mesmo termo no título, para axudar ao lector na procura dun tema concreto e na distinción do tema dun artigo en particular. Os títulos considéranse ambiguos cando pode entenderse que se refiren a dous ou máis temas diferentes e poden dar lugar a confusión ou dúbidas.

Os artigos con eses títulos homónimos levan un aviso na cabeceira co modelo {{Outros homónimos}}, que ligan a estas páxinas de homónimos. En casos particulares nos que só dous termos sexan iguais ou moi semellantes, pode ser suficiente empregando o modelo {{non confundir}} en cada un deles para ligar un ao outro.

Ambigüidades nos títulos

Aqueles títulos que sexan totalmente iguais ou moi semellantes para dous ou máis artigos distintos e que dean lugar a equivocacións ou dúbidas sobre o tema tratado en cada un deles, poden dar lugar a que sexa necesario crear unha páxina de homónimos para axudar na súa distinción. Estas igualdades e semellanzas nos títulos poden ocorrer por algunha das seguintes cuestións:

  • Homofonía:Termos non homónimos pero homófonos, que poden dar lugar a enganos ou erros ortográficos. Por exemplo, barón (un título nobiliario) e varón (persoa de sexo masculino).
Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Вікіпэдыя:Неадназначнасьць
Bahasa Indonesia: Wikipedia:Disambiguasi
Lëtzebuergesch: Wikipedia:Homonymie
Basa Banyumasan: Wikipedia:Disambiguasi
norsk nynorsk: Wikipedia:Fleirtyding
Nouormand: Aide:Frouque
srpskohrvatski / српскохрватски: Wikipedia:Razvrstavanje
Simple English: Wikipedia:Disambiguation
slovenščina: Wikipedija:Razločitev
Bân-lâm-gú: Wikipedia:Khu-pia̍t