We Will Rock You

"We Will Rock You" é a primeira canción do álbum News of the World, de Queen, composta par Brian May, que saíu en 1977. É unha das cancións máis populares do grupo; é frecuente escoitala en competicións deportivas e foi reinterpretada con frecuencia por diversos artistas.

Historia

We Will Rock You e We Are the Champions están escritas como resposta a un concerto do groupo que se celebrou en Stafford en 1977. Á fin deste concerto, o público da sala comezou a cantar You'll Never Walk Alone no canto de aplaudir, o cal deixou abraiados os membros do grupo. Por este motivo decidiron escribir uns himnos que puidesen ser cantados a coro pola multitude[1]. Brian May compuxo We Will Rock You baseándose nesta idea, creando unha canción simple que se puidese aprender de xeito doado. Agás un solo de guitarra de trinta segundos de Brian May, a canción, dunha duración de dous minutos, está interpretada a cappella con dous golpes cos pés e un coas mans seguidos dunha pausa para marcar o ritmo sobre un compás a catro tempos. O refrán é "We will, we will rock you" ("Ímoste sacudir") repetido dúas veces.

O grupo utiliza a técnica da regravación para gravar os golpes dos pés e das mans, así como un efecto de cámara de eco para dar a impresión de que participan moitas persoas[2]. Ademais, realizouse un bucle para repetir tres veces a derradeira frase do solo de guitarra de Brian May[3].

A canción está moi estreitamente asociada a We Are the Champions. Trátase das dúas primeiras cancións do álbum News of the World e tamén saíron xuntas na versión de sinxelo e en dobre sinxelo en 1977. Ademais, o grupo tocábaas unha despois da outra para pechar os seus concertos[4]. Ao pouco da saída do álbum, as radios tamén colleron o hábito, nalgúns países, de emitilas consecutivamente[5]. Era frecuente que o grupo abrise algún concerto cunha version da canción cun tempo máis rápido, o que se pode apreciar mesmo en álbums en vivo como Live Killers, Queen Rock Montreal e Queen on Fire: Live at the Bowl.

Other Languages
Alemannisch: We Will Rock You
العربية: وي ويل روك يو
български: We Will Rock You
čeština: We Will Rock You
Ελληνικά: We Will Rock You
français: We Will Rock You
עברית: We Will Rock You
ქართული: We Will Rock You
қазақша: We Will Rock You
한국어: We Will Rock You
lietuvių: We Will Rock You
latviešu: We Will Rock You
norsk nynorsk: We Will Rock You
português: We Will Rock You
русский: We Will Rock You
sicilianu: We Will Rock You
Simple English: We Will Rock You
slovenčina: We Will Rock You
српски / srpski: We Will Rock You
українська: We Will Rock You
Tiếng Việt: We Will Rock You