Waziristán

Waziristan[Cómpre referencia] (paxto e urdú: وزیرستان, "terra dos Wazir") é unha rexión montañosa do noroeste de Paquistán, limítrofe con Afganistán e cunha superficie de 11.585 km². É parte das Áreas Tribais Administradas Federalmente e considérase fóra das catro provincias do país.

  • historia e características
  • notas

Historia e características

Waziristán comprende a área oeste e suroeste de Peshawar entre o río Tochi ao norte e o río Gomal ao sur. A rexión foi un territorio tribal independente ata 1893, permanecendo fóra do Imperio Británico. As incursións tribais no territorio controlado polos británicos foi un problema constante para estes,[1] provocando frecuentes expedicións punitivas entre 1860 e 1945. A rexión incorporouse a Paquistán en 1947.

Administrativamente, Waziristán divídese en dúas "axencias", Waziristán do Norte e Waziristán do Sur, con poboacións estimadas (en 1998) de 361.246 e 429.841 respectivamente. As dúas partes teñen características moi diferentes, aínda que ámbalas dúas tribos son subgrupo da tribo Wazir e falan unha linguaxe común, o wazirí. Teñen reputación de guerreiros formidables,[2] e son coñecidos polas súas frecuentes inimizades familiares.

As tribos Wazir divídense en subtribos gobernadas polos homes máis vellos da vila que se reúnen nunha jirga tribal. Social e relixiosamente, Waziristán é unha área extremadamente conservadora. As mulleres son gardadas coidadosamente, e cada familia debe estar liderada por unha figura masculina. A cohesión tribal mantense por medio dos chamados Actos de Responsabilidade Colectiva da Regulación de Delitos da Fronteira.Collective Responsibility Acts in the Frontier Crimes Regulation.

A presenza talibán na área foi un asunto de interese internacional, en particular desde a invasión estadounidense de Afganistán en 2001.

Other Languages
العربية: وزيرستان
azərbaycanca: Vəziristan
башҡортса: Вазирстан
беларуская: Вазірыстан
български: Вазиристан
català: Waziristan
нохчийн: Вазиристан
čeština: Vazíristán
Cymraeg: Wasiristan
dansk: Waziristan
Deutsch: Wasiristan
Zazaki: Wezirıstan
English: Waziristan
Esperanto: Vaziristano
español: Waziristán
euskara: Waziristan
فارسی: وزیرستان
suomi: Waziristan
français: Waziristan
עברית: וזיריסטן
Հայերեն: Վազիրիստան
Bahasa Indonesia: Waziristan
italiano: Waziristan
ქართული: ვაზირისტანი
қазақша: Уәзірстан
한국어: 와지리스탄
latviešu: Vaziristāna
Nederlands: Waziristan
norsk: Waziristan
polski: Waziristan
پنجابی: وزیرستان
português: Waziristão
русский: Вазиристан
Scots: Waziristan
Simple English: Waziristan
svenska: Waziristan
Tagalog: Waziristan
Türkçe: Veziristan
татарча/tatarça: Вәзиристан
українська: Вазиристан
oʻzbekcha/ўзбекча: Vaziriston
მარგალური: ვაზირისტანი