Watergate

Nixon abandona a Casa Branca logo da súa dimisión, o 9 de agosto de 1974

O Watergate foi un escándalo político que supuxo unha crise constitucional nos anos setenta nos Estados Unidos de América. O escándalo tomou o nome do hotel de Washington D.C. sede do comité electoral demócrata, no que tivo lugar un roubo de documentos e concluíu coa dimisión do presidente Richard Nixon.

En 1972 o partido demócrata establece nel a súa sede de preparación para as eleccións a presidente. Lidera esta operación o senador McGovern, que está oposto ao apoio de Estados Unidos de América á guerra de Vietnam. Richard Nixon presidente en función anda mal de popularidade e para enfrontarse á campaña electoral utilizou métodos ilegais. Neste contexto o edificio foi o escenario dun episodio de espionaxe. Aínda que algúns elementos non quedasen aclarados, a consecuencia do escándalo foi a dimisión de Nixon e a limitación de poderes do executivo: de aí en diante o senado puido vixiar ao FBI, a CIA, e a empresas internacionais.

Historia do Watergate

O escándalo Watergate comezou cando, durante a noite do 17 de xuño de 1972, cinco individuos ( Bernard Barker, Virgilio González, Eugenio Martínez, James W. McCord, Jr., e Frank Sturgis todos membros da Operación 40 da CIA) foron detidos no inmoble do hotel Watergate, na sede do comité electoral do Partido Demócrata, o principal partido opositor. Pretendían instalar micrófonos e cámaras para efectuar escoitas clandestinas. Todos eles (menos McCord) eran axentes da CIA. Como transportaban material de escoita, os detidos parecían axentes secretos máis que ladróns. Estes feitos e a subseguinte ocultación de información por parte do Presidente provocaron a súa posterior dimisión.

James McCord era o Director de Seguridade para o Comité de Reelección do Presidente (Committee to Re-elect the President ou CRP), ademais era empregado do FBI e da CIA, onde era o encargado da seguridade física do Cuartel Xeral en Langley.

Other Languages
azərbaycanca: Uotergeyt qalmaqalı
български: Уотъргейт
bosanski: Watergate
čeština: Aféra Watergate
euskara: Watergate
hrvatski: Afera Watergate
interlingua: Watergate
Bahasa Indonesia: Skandal Watergate
Basa Jawa: Gendra Watergate
Lëtzebuergesch: Watergate-Affär
Bahasa Melayu: Skandal Watergate
Plattdüütsch: Watergate-Schandaal
Nederlands: Watergateschandaal
norsk nynorsk: Watergate-skandalen
português: Caso Watergate
srpskohrvatski / српскохрватски: Watergate
Simple English: Watergate scandal
slovenčina: Aféra Watergate
slovenščina: Afera Watergate
српски / srpski: Афера Вотергејт
oʻzbekcha/ўзбекча: Uotergeyt ishi
Tiếng Việt: Vụ Watergate
中文: 水门事件
粵語: 水門事件