Wallops Flight Facility

Plano do complexo de lanzamento de Wallops Island.

Wallops Island é un complexo de lanzamento da NASA usado principalmente para lanzar foguetes sonda e foguetes espaciais da familia Scout. Tamén dispón dunha zona desde a que facer lanzamentos aéreos de foguetes Pegasus. Entre 1985 e 2005 o complexo viu disminuida a súa actividade por falta de lanzamentos orbitais e pola escaseza de lanzamentos de foguetes sonda, pero en 2006 o reacondicionamento das instalacións permitiu retomar a actividade orbital co lanzamento do primeiro foguete Minotaur.[1]

O complexo ten a súa orixe na decisión da NACA (a antecesora da NASA) de crear unhas instalacións en Wallops para facer investigacións aeronáuticas con foguetes. O primeiro lanzamento desde Wallops Island tivo lugar o 4 de xullo de 1945.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Wallops Island" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018.