Volgogrado

Volgogrado
Волгоград
Flag of Volgograd.svg
Coat of arms of Volgograd city.svg
Volgograd Montage 2016.png
Imaxes da cidade
Localización
Rusia (Europa)
Volgogrado
Volgogrado
PaísRusia Rusia
Xeografía
Altitude12 a 156 msnm
Superficie859,353 km² km²
Demografía
Poboación1.017.985 hab. (2014)
Densidade1184,59 hab./km²
Outros datos
Código postal400001 - 400138
AlcaldeRomán Grebennikov
www.volgadmin.ru Páxina Oficial

Volgogrado[Cómpre referencia] (en ruso, Волгоград; Volgograd Ru-Volgograd.ogg /vɐlɡəˈɡrat/ ) é unha cidade situada na Federación Rusa e antigamente chamada Tsaritsyn entre 1598 e 1925 e Stalingrado entre 1925 e 1961. Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríos Volga e Tsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza na o norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas da Segunda Guerra Mundial, a batalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.

Historia

A cidade en 1623

Fundada en 1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado do río Tsaritsa (do tártaro Sary Su, Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos cosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do Volga.

Durante a guerra civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser Stalin quen a conquistou para o Exército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.

Durante a Segunda Guerra Mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], a batalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na Segunda Guerra Mundial tanto para o sostemento da resistencia da Unión Soviética contra o Exército de Adolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.

A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, dunha espada especialmente confeccionada para o efecto por orde do rei do Reino Unido Xurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado Mamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, talles como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película Inimigo ás portas.

Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].

Other Languages
Afrikaans: Wolgograd
አማርኛ: ቮልጎግራድ
العربية: فولغوغراد
asturianu: Volgográu
azərbaycanca: Volqoqrad
تۆرکجه: ولقوقراد
башҡортса: Волгоград
беларуская: Валгаград
беларуская (тарашкевіца)‎: Валгаград
български: Волгоград
brezhoneg: Volgograd
bosanski: Volgograd
буряад: Волгоград
català: Volgograd
нохчийн: Волгоград
کوردی: ڤۆڵگۆگراد
čeština: Volgograd
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Вльгоградъ
Чӑвашла: Волгоград
Cymraeg: Volgograd
dansk: Volgograd
Deutsch: Wolgograd
Ελληνικά: Βόλγκογκραντ
English: Volgograd
Esperanto: Volgogrado
español: Volgogrado
eesti: Volgograd
euskara: Volgograd
فارسی: ولگوگراد
suomi: Volgograd
français: Volgograd
Frysk: Wolgograd
Gaeilge: Volgograd
Avañe'ẽ: Volgogrado
客家語/Hak-kâ-ngî: Volgograd
עברית: וולגוגרד
hrvatski: Volgograd
hornjoserbsce: Wolgograd
magyar: Volgográd
հայերեն: Վոլգոգրադ
Bahasa Indonesia: Volgograd
Interlingue: Volgograd
íslenska: Volgograd
italiano: Volgograd
Basa Jawa: Volgograd
ქართული: ვოლგოგრადი
Qaraqalpaqsha: Volgograd
қазақша: Волгоград
kalaallisut: Volgograd
한국어: 볼고그라드
Кыргызча: Волгоград
Latina: Volgogradum
Lëtzebuergesch: Wolgograd
Limburgs: Wolgograd
lumbaart: Volgograd
lietuvių: Volgogradas
latviešu: Volgograda
олык марий: Волгоград
македонски: Волгоград
монгол: Волгоград
Bahasa Melayu: Volgograd
မြန်မာဘာသာ: ဗော်ဂါဂရတ်မြို့
эрзянь: Равош ош
Napulitano: Volgograd
Nederlands: Wolgograd
norsk nynorsk: Volgograd
norsk: Volgograd
occitan: Volgograd
ਪੰਜਾਬੀ: ਵੋਲਗਾਗਰਾਤ
Norfuk / Pitkern: Volgograd
polski: Wołgograd
Piemontèis: Volgograd
پنجابی: وولگوگراد
português: Volgogrado
Runa Simi: Volgograd
română: Volgograd
русский: Волгоград
саха тыла: Волгоград
sicilianu: Volgograd
Scots: Volgograd
srpskohrvatski / српскохрватски: Volgograd
Simple English: Volgograd
slovenčina: Volgograd
slovenščina: Volgograd
shqip: Volgograd
српски / srpski: Волгоград
svenska: Volgograd
Kiswahili: Volgograd
тоҷикӣ: Волгоград
Tagalog: Volgograd
Türkçe: Volgograd
татарча/tatarça: Волгоград
chiTumbuka: Volgograd
удмурт: Волгоград
українська: Волгоград
oʻzbekcha/ўзбекча: Volgograd
vepsän kel’: Volgograd
Tiếng Việt: Volgograd
Volapük: Volgograd
Winaray: Volgograd
Wolof: Volgograd
хальмг: Аһш балһсн
მარგალური: ვოლგოგრადი