Victoria Beckham

Victoria Beckham
VictoriaBeckham.jpg
Victoria Beckham.
Nome completo Victoria Caroline Adams.
Alias Posh Spice.
Nacemento 17 de Abril de 1974 (43 anos)
Orixe Harlow, Essex Inglaterra
Cónxuxe David J. Beckham
Ocupación(s) Cantautora, escritora, deseñadora de moda.
Xénero Pop, Hip-Hop, Dance.
Selo(s) discográfico(s) Telstar Records.
Relacionado con Spice Girls, David Beckham.
Tempo en activo 1994-2007
Na rede
http://www.dvbstyle.com/

Victoria Beckham (de solteira Victoria Caroline Adams), nada en Harlow ( Essex) o 17 de abril de 1974, é cantante, deseñadora de moda e escritora. Victoria Beckham foi parte integrante do grupo pop feminino Spice Girls, popularmente alcumada Posh Spice é tamén coñecida por estar casada co xogador de fútbol David Beckham. A súa carreira e matrimonio canda David Beckham levouna a se converter nunha das mulleres máis adiñeiradas de Gran Bretaña.

Traxectoria

Os seus pais son Anthony William e Jacqueline Adams. Ten dous irmáns máis novos: Louise e Christian. Formouse artisticamente no Jason Theatre School en Hoddesdon. Aos 17, comezou a asistir ao Laine Arts Theatre College in Epsom, Surrey. Victoria Beckham, anos máis tarde desfrutou do éxito obtivo como Posh Spice no grupo pop feminino, The Spice Girls. Victoria coñeceu o futbolista David Beckham en 1997, e a parella foi alcumada "Posh and Becks" polos media. David Beckham pedíulle matrimonio a Victoria o 24 de xaneiro de 1998 nun restaurante en Cheshunt, Inglaterra, e o seu primeiro fillo, Brooklyn Joseph, naceu o 4 de marzo de 1999. Casaron no Castelo de Luttrellstown, Irlanda, o 4 de xullo de 1999, e a súa voda atraeu unha ampla cobertura dos medios. Os media foron mantidos á marxe da cerimonia, ao teren os Beckham unha exclusiva acordada coa revista OK! Magazine.

O segundo fillo dos Beckham, Romeo James, naceu o 1 de septembro de 2002; o seu terceiro fillo, Cruz David, o 20 de febreiro de 2005 en Madrid, España.

Logo dos varios anos de estadía en España e tras moitos preparativos publicitarios, entre os que se conta a reportaxe gráfica para a revista de moda íntima "W", Victoria e David Beckham trasladáronse aos Ánxeles onde David asinou para o club de fútbol Los Angeles Galaxy. Na súa chegada a América o 13 de xullo de 2007, a parella encontrouse con centos de paparazzi e xornalistas, ocasionando a histeria do sector. Actualmente residen nunha mansión de Beverly Hills con 10 gardas de seguridade valorada en 22 millóns de dólares.

Other Languages
Afrikaans: Victoria Beckham
azərbaycanca: Viktoriya Bekhem
беларуская: Вікторыя Бекхэм
български: Виктория Бекъм
čeština: Victoria Beckham
Esperanto: Victoria Beckham
føroyskt: Victoria Beckham
français: Victoria Beckham
Bahasa Indonesia: Victoria Beckham
lietuvių: Victoria Beckham
македонски: Викторија Бекам
Nederlands: Victoria Beckham
norsk nynorsk: Victoria Beckham
português: Victoria Beckham
srpskohrvatski / српскохрватски: Victoria Beckham
Simple English: Victoria Beckham
српски / srpski: Викторија Бекам
Basa Sunda: Victoria Beckham
Kiswahili: Victoria Beckham
українська: Вікторія Бекхем
Tiếng Việt: Victoria Beckham
Bân-lâm-gú: Victoria Beckham