Vichelocrego

Vichelocrego
Macho adulto
Macho adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Oriolidae
Xénero: Oriolus
Especie: O. oriolus
Nome binomial
Oriolus oriolus
( Linnaeus, 1758)
     Verán      Inverno

     Verán      Inverno

O vichelocrego (Oriolus oriolus), tamén coñecido como oureol, ouriolo, milleiro, nicolao e papafigo [2], é o único membro da familia dos oureois que vive nas zonas tépedas do hemisferio norte. Especie migratoria, vese en verán en Europa e nas rexións occidentais de Asia, mentres que o inverno o bota nos trópicos.

Distribución e características

Habita en árbores grandes de folla caduca en bosques, soutos, carballeiras e parques, a miúdo nas ribeiras dos ríos. Fai un niño moi limpiño e estábel durante anos na gallada das pólas, adoito en amieiros, e contén entre tres e seis ovos. A femia do vichelocrego comeza tarde a facer no niño e a incubación dura uns quince días.

A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas, de aí que nalgunhas partes se lle chame galo cereixeiro. En tamaño é coma o merlo, ou incluso lixeiramente maior (24 cm e 72 g de media).

O macho ten un colorido moi particular que o fai inconfundíbel con calquera outra ave ou paxaro galego. Ten o corpo dun amarelo brillante e as ás e parte da cauda negra. A femia, pola contra, é verde e gris, e resulta moi discreta nos nosos bosques. Os vichelocregos son tímidos e espantadizos de xeito que é moi complexo albiscalos malia a dourada plumaxe dos machos.

O seu nome procede do canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego. Unha das variantes en galego, tamén moi estendida, é oureol, que fai referencia á cor dourada dos machos.

No voo imita os tordos, cun trazado moi directo e veloz, sen apenas oscilacións en distancias medias.

Other Languages
Alemannisch: Pirol
العربية: صفير ذهبي
asturianu: Oriolus oriolus
башҡортса: Һарығош
žemaitėška: Vuolongie
Bikol Central: Giyaw
беларуская: Івалга звычайная
български: Авлига
brezhoneg: Glazaour Europa
català: Oriol
čeština: Žluva hajní
Чӑвашла: Саркайăк
Cymraeg: Euryn
dansk: Pirol
Deutsch: Pirol (Art)
Ελληνικά: Συκοφάγος
Esperanto: Oriolo
español: Oriolus oriolus
eesti: Peoleo
euskara: Urretxori
estremeñu: Gorropéndola
føroyskt: Gyllingur
français: Loriot d'Europe
Nordfriisk: Gultroosel
Frysk: Gielegou
עברית: זהבן מחלל
magyar: Sárgarigó
interlingua: Oriolus oriolus
italiano: Oriolus oriolus
ქართული: მოლაღური
한국어: 유럽꾀꼬리
Kurdî: Zerdêle
Lëtzebuergesch: Goldmärel
lietuvių: Volungė
latviešu: Vālodze
мокшень: Тюжапула
олык марий: Ӱжӱвӱр
македонски: Жолна
монгол: Эгэл шаргач
मराठी: हळद्या
кырык мары: Царамак
эрзянь: Ожопуло
Nederlands: Wielewaal (vogel)
norsk: Pirol
Livvinkarjala: Kuhankiehuttai
Ирон: Бурцъиу
ਪੰਜਾਬੀ: ਪੀਲਕ
Piemontèis: Oriolus oriolus
português: Papa-figos
română: Grangur
русиньскый: Івовга
Simple English: Golden oriole
slovenčina: Vlha obyčajná
српски / srpski: Вуга
Seeltersk: Riekelüün
svenska: Sommargylling
тоҷикӣ: Заргулдор
татарча/tatarça: Шәүлегән
українська: Вивільга звичайна
oʻzbekcha/ўзбекча: Zargʻaldoq
Tiếng Việt: Vàng anh Á Âu
walon: Ôrimiele
中文: 金黄鹂
粵語: 金黃鸝