Vermudo II

Vermudo II
Bermudo II of León.jpg
Vermudo II no Libro das Estampas.
Nacemento953 e 956
Falecementosetembro de 999
 Villabuena, León
SoterradoBasílica de Santo Isidoro de León
NacionalidadeReino de León
Relixióncatolicismo
Ocupacióngobernante
PaiOrdoño III de León
NaiUrraca Fernandes de Castela
CónxuxeVelasquita Ramírez e Elvira Garcia
FillosAfonso V o Nobre, Cristina Bermúdez e Ordoño Bermúdez
IrmánsGarcia Sanchez II de Pamplona e Urraka Sanoitz
editar datos en Wikidata ]

Vermudo II de León e de Galiza, nado cara ao 956 e finado no Bierzo no 999, foi rei da Galiza a partir de 982 e de León desde 985 e até a súa morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de Ordoño III. Foi cognominado o Gotoso, por sufrir de gota.

Coroación en Galicia

Ramiro III apoiábase en casas nobiliarias alleas a Galicia, como os Beni Gómez. Incorría nisto no mesmo erro que o seu pai Sancho I que fora envelenado polo dux galaico-portugués Gonzalo Muñoz. A ameaza normanda e musulmá (ocupación de Simancas por Almanzor) incrementaban o descontento.

O 15 de outubro do ano 982, a máis alta nobreza galega proclama rei a un fillo de Ordoño III, Vermudo, e coróano en Santiago de Compostela. Axiña o novo rei faise coa soberanía de todas as terras galegas (que nese momento chegaba ata Coimbra). Ramiro III, entrou entra en territorio galego coas tropas reais sendo derrotadas en Portela de Areas (preto de Monterroso). Vermudo II empezaba o seu reinado en terras galegas. Na primavera do ano 984, invadiu as terras do seu rival e as tropas galegas expulsaron a Ramiro III de León. Este fíxose forte en Astorga e non renunciou á coroa leonesa ata a morte no ano 986.

No ano 985, Vermudo II aparece asinando documentos en Celanova dando testemuño de que xa non ten resistencias e estando ao seu lado como coasinante o líder da nobreza galega Mendo Gundisalviz. Así mesmo, procura o apoio das dioceses, quer pacificamente mediante doazóns (caso de Iria-Santiago e Lugo) ou ben metendo na cadea ao bispo (caso de Gustedeo de Oviedo).

No ano 986 outorga privilexios ás comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como Pico Sacro) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de Almanzor.

Other Languages
català: Beremund II
lietuvių: Bermudas II
polski: Bermudo II
русский: Бермудо II
srpskohrvatski / српскохрватски: Bermudo II od Leona
українська: Бермудо II