Vainilla

Vainilla - Vanilla
Rango fósil: Cretáceo - Actualidade
Vanilla planifolia - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-278.jpg
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Angiosperms
(sen clasif.):Monocots
Orde:Asparagales
Familia:Orchidaceae
Subfamilia:Vanilloideae
Tribo:Vanilleae
Subtribo:Vanillinae
Xénero:Vanilla
Plumier ex Mill., 1754
Distribución das especies de Vanilla

Distribución das especies de Vanilla
Especies
Sinonimia
  • Vanillophorum Neck.
  • Myrobroma Salisb.
  • Dictyophyllaria Garay
  • Miguelia Aver.

Vanilla é un xénero de orquídeas que produce un froito do que se obtén un saborizante do mesmo nome. Cando a coñeceron, os españois puxéronlle o nome de vainilla, por parecerse ás vaíñas (feixóns verdes) en pequeno.

Morfoloxía do xénero

O xénero Vanilla é orixinario de México e comprende máis dun centenar de especies de plantas monopodial de hábitos trepadores que chegan a alcanzar máis de 35 m con follas alternas que se estenden por toda a súa lonxitude.

As follas da vainilla son curtas, oblongas, de cor verde escuro e coriáceas, ata carnosas nalgunhas especies. Con todo, existe un significativo número de especies cuxas follas reducironse a escamas ou están desprovistas, case ou totalmente delas e utilizan os seus talos reptantes para a fotosíntese. Posúen longas e fortes raíces aéreas que nacen de cada nódulo.

As inflorescencias racemosas son flores de curta duración que xorden sucesivamente sobre curtos pedúnculos das axilas das follas ou escamas. Cada acio pode conter ata 100 flores, pero xeralmente non excede as 20. Son flores bastante grandes e atractivas, a maioría cunha doce fragrancia, con 6 tépalos de cores que van do branco, verde, verdoso, amarelo ou crema. Cada flor ábrese pola mañá e péchase á tardiña, se a polinización non se produciu durante este período se marchita e morre.

O labelo é de forma tubular e rodea a longa e hirsuta columna abríndose como unha campá no ápice. A antera atópase ao final da columna e colga sobre o estigma separada polo rostellum. A floración xorde soamente cando a flor desenvolveuse por completo. Estas se auto fertilizan, pero necesitan polinizadores, tales como abellas e certo colibries que obteñen o seu néctar, para levar a cabo o labor. Aínda que a polinización manual é o mellor método no cultivo comercial da vainilla.

O froito da vanilla é unha semente alargada (10–20 cm)e carnosa en forma de vaíña. Madura gradualmente (de 8 a 9 meses tras a floración), tornándose negra co tempo e despedindo un forte aroma. Cada vaíña contén miles de minúsculas sementes, pero é a vaíña a que se utiliza para elaborar o saborizante. A Vanilla planifolia é significamente a única orquídea que se uitliza con fins industriais (na industria alimenticia e cosmética).

Planta de vainilla

Especies de Vanilla

  • Vanilla aphylla
    Flor de Vanilla planifolia
  • Vanilla barbellata
  • Vanilla chamissonis
  • Vanilla claviculata
  • Vanilla dilloniana
  • Vanilla edwallii
  • Vanilla mexicana
  • Vanilla odorata
  • Vanilla phaeantha
  • Vanilla planifolia
  • Vanilla poitaei
  • Vanilla siamensis
Other Languages
العربية: فانيلا (نبات)
беларуская: Ваніль
български: Ванилия
brezhoneg: Vanilha
bosanski: Vanilija
català: Vanilla
dansk: Vanilje
Ελληνικά: Βανίλια
Esperanto: Vanilo
español: Vanilla
euskara: Banilla
suomi: Vaniljat
français: Vanilla
עברית: וניל
hrvatski: Vanilija
hornjoserbsce: Wanilija
magyar: Vanília
Հայերեն: Վանիլ
italiano: Vanilla
日本語: バニラ属
ქართული: ვანილი
Перем Коми: Ваниль (быдмас)
lietuvių: Vanilė (gentis)
македонски: Ванила (растение)
മലയാളം: വാനില
кырык мары: Ваниль (кушкыш)
Nāhuatl: Tlīlxōchitl
Nederlands: Vanilla
norsk nynorsk: Vaniljeslekta
occitan: Vanilha
polski: Wanilia
português: Vanilla
Runa Simi: Waynilla
русский: Ваниль
slovenčina: Vanilka (rod)
српски / srpski: Vanilla
తెలుగు: వెనిలా
українська: Ваніль (рід)
Winaray: Vanilla
中文: 香莢蘭屬