Vacina

A vacina (do latín vaccinus, 'vacún'; de vacca, 'vaca') é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo. Esta resposta xera memoria inmunolóxica producindo, na maioría dos casos, inmunidade permanente fronte á enfermidade. A primeira vacina descuberta foi a usada para combater as vexigas por Edward Jenner en 1796.

As vacinas clasifícanse en dous grandes grupos

  • Vacinas vivas ou atenuadas
  • Vacinas mortas ou inactivadas

Existen varios métodos de obtención:

  1. Vacinas avirulentas preparadas a partir de formas non perigosas do microorganismo patóxeno.
  2. Vacinas a partir de organismos mortos ou inactivos.
  3. Antíxenos purificados.
  4. Vacinas xenéticas.

As vacinas adminístranse por medio dunha inxección, ou por vía oral (tanto con líquidos como con pastillas).

Orixe das vacinas

A varíola foi a primeira enfermidade que o ser humano tentou previr inoculándose a si mesmo con outro tipo de enfermidade. Crese que a inoculación naceu na India ou en China ao redor do 200 a.C. En China, aos pacientes que sufrían tipos leves de varíolas recollíanselles fragmentos de pústulas secas para moelas até conseguir unha mestura con aspecto de po que logo se lle introducía polo nariz, esperando que isto lles inmunizara. En 1718, Lady Mary Wortley Montague informou que os turcos tiñan o costume de inocularse con fluídos tomados tamén de casos leves de varíola. Lady Montague inoculou aos seus propios fillos desta maneira.

En 1796, durante o momento de maior extensión do virus da varíola en Europa, un médico rural de Inglaterra, Edward Jenner, observou que as recolectoras de leite adquirían ocasionalmente unha especie de «varíola de vaca» ou «varíola vacúa» (cowpox) polo contacto continuado con estes animais, e que logo quedaban a salvo de enfermar de varíola común. Efectivamente comprobouse que esta varíola vacúa é unha variante leve da mortífera varíola «humana». Traballando sobre este caso de inoculación, Jenner tomou varíola vacúa da man da granxeira Sarah Nelmes. Inseriu este fluído a través de inxección no brazo dun neno de oito anos, James Phipps. O pequeno mostrou síntomas da infección de varíola vacúa. Corenta e oito días máis tarde, despois de que Phipps recuperouse completamente de tal enfermidade, o doutor Jenner inxectoulle ao neno infección de varíola humana, pero esta vez non mostrou ningún síntoma ou signo de enfermidade.

Other Languages
Afrikaans: Entstof
العربية: لقاح
asturianu: Vacuna
azərbaycanca: Vaksin
беларуская: Вакцына
беларуская (тарашкевіца)‎: Вакцына
български: Ваксина
བོད་ཡིག: འབྲུམ་སྨན།
bosanski: Vakcina
català: Vaccí
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ĭk-mièu
کوردی: کوتاو
čeština: Vakcína
dansk: Vaccine
Deutsch: Impfstoff
Ελληνικά: Εμβόλιο
English: Vaccine
Esperanto: Vakcino
español: Vacuna
eesti: Vaktsiin
euskara: Txerto
فارسی: واکسن
suomi: Rokote
furlan: Vacine
Avañe'ẽ: Tasymombiaha
עברית: חיסון
hrvatski: Cjepivo
Kreyòl ayisyen: Vaksen
magyar: Védőoltás
Bahasa Indonesia: Vaksin
íslenska: Bóluefni
italiano: Vaccino
日本語: ワクチン
Patois: Vaxiin
Basa Jawa: Vaksin
ქართული: ვაქცინა
қазақша: Вакцина
ភាសាខ្មែរ: វ៉ាក់សាំង
한국어: 백신
Latina: Vaccinum
lietuvių: Vakcina
latviešu: Vakcīna
македонски: Вакцина
മലയാളം: വാക്സിൻ
монгол: Вакцин
मराठी: लस
Bahasa Melayu: Vaksin
Nederlands: Vaccin
norsk nynorsk: Vaksine
norsk: Vaksine
ଓଡ଼ିଆ: ଟିକା
polski: Szczepionka
پنجابی: ویکسین
português: Vacina
română: Vaccin
русский: Вакцина
саха тыла: Быһыы
Scots: Vaccine
srpskohrvatski / српскохрватски: Vakcina
සිංහල: Vaccine
Simple English: Vaccine
slovenščina: Cepivo
shqip: Vaksina
српски / srpski: Вакцина
Basa Sunda: Vaksin
Kiswahili: Chanjo
తెలుగు: టీకా
тоҷикӣ: Ваксина
Türkçe: Aşı (tıp)
тыва дыл: Вакцина
українська: Вакцини
اردو: ویکسین
oʻzbekcha/ўзбекча: Vaksinalar
Tiếng Việt: Vắc-xin
Winaray: Bakuna
中文: 疫苗
Bân-lâm-gú: E̍k-chu
粵語: 疫苗