Universidade de Zaragoza

Universidade de Zaragoza
Edificio de las Antiguas Facultades de Medicina y Ciencias de la Universidad de Zaragoza - PC251497.jpg
Entrada á Cidade Universitaria de Zaragoza (campus principal).
Datos xerais
LocalizaciónZaragoza (diversos campus)
Jaca
Huesca
La Almunia de Doña Godina
Teruel
Datos actuais
ReitorManuel López Pérez
Alumnos32.700
Datos de contacto
EnderezoR/ Pedro Cerbuna 12
50009. Zaragoza
Páxina webwww.unizar.es
Edificio Paraninfo - Antiga Facultade de Medicina e Ciencias

A Universidade de Zaragoza é un centro de educación superior público, repartida xeograficamente entre os campus de Zaragoza, Huesca, Jaca, Teruel e La Almunia de Doña Godina, todos eles na Comunidade Autónoma de Aragón (España).

Fundada en 1542, reúne en 2008 a máis de 32.000 estudantes e 3.500 membros docentes[1] entre os seus 22 centros e 74 titulacións e estudos propios. O seu actual reitor é Manuel López Pérez.[2]

Historia

As orixes da ensinanza superior en Aragón remóntanse á lendaria Academia fundada en Huesca por Quinto Sertorio (século I  a.C). En 1354 Pedro IV de Aragón funda a Universidade Sertoriana de Huesca, que desaparecerá en 1845. Máis tarde, grazas á Igrexa e por man do bispo Braulio, formaríanse as Escolas eclesiásticas con sede en Zaragoza. Estas evolucionarán entre os séculos XII e XIV até que, en 1474, créase o chamado «Estudo xeral de artes» de Zaragoza. Con todo, e debido á oposición encontrada, non foi até 1583 cando, da man do seu fundador (Don Pedro Cerbuna), se aproban os estatutos da nova Universidade de Zaragoza.

Algúns dos seus profesores ilustres foron Gaspar Lax, matemático; o humanista Juan Lorenzo Palmireno; o xurista José de Sessé; o pedagogo Pedro Simón Abril; o historiador Diego de Espés; o helenista Lorente; o xurista Portolés; o canonista Ejea; o botánico Florencio Ballarín Causada; o médico Ricardo Royo Villanova; o bibliógrafo Félix Latassa; e o xeógrafo Antillón y Montiano, primeiro director da Real Academia da Historia.

Entre os seus alumnos estiveron o humanista Miguel Servet; o historiador Jerónimo Blancas; o arcebispo Pedro Apaolaza Ramírez; o matemático Julio Rey Pastor; o político e escritor cubano José Martí; Santiago Ramón y Cajal, Premio Nobel de Medicina en 1906; Manuel Azaña, presidente da II República; a bibliotecaria María Moliner, autora do famoso Diccionario de uso del español; o cantautor e político José Antonio Labordeta e o debuxante Antonio Mingote.

Other Languages