Universidade de Sydney

Universidade de Sydney
University of Sydney Main Quadrangle.jpg
Universidade de Sydney
Datos xerais
LocalizaciónSydney, Australia Australia
Datos actuais
ReitorBelinda Hutchinson (chanceler)
Alumnos52 789 (2014)[1]
Datos de contacto
Páxina websydney.edu.au

A Universidad de Sydney é unha universidade que se atopa na cidade de Sydney, Australia. É a universidade máis antiga do estado, fundada en 1850. A partir de 2009, a institución contaba con 47 775 estudantes, e era a segunda universidade meirande de Australia. É unha das principais e máis afamadas universidades do país, e tamén de toda Oceanía.

O campus central, cuxa arquitectura se inspira na de Oxbridge, xace nos suburbios de Camperdown e Darlington,[2][3] ó suroeste do distrito financeiro central de Sydney. Ademais, a universidade inclúe varios outros campus pequenos doutras organizacións nos últimos 20 anos, tales como o Conservatorio de Música de Sydney ou o Colexio das Artes de Sydney.

A Universidade de Sydney é membro do Grupo das Oito (universidades australianas), do Consorcio Académico 21, da Asociación de Universidades da Conca do Pacífico e da Worldwide Universities Network.

Notas

  1. The University of Sydney (ed.). "Total Student Enrolments 2014". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  2. The Daily Telegraph, ed. (31 de agosto de 2012). "Beautiful universities around the world". Londres. 
  3. The Huffington Post UK (ed.). "15 of the World's Most Beautiful Universities Revealed". 
Other Languages
العربية: جامعة سيدني
azərbaycanca: Sidney Universiteti
Bahasa Indonesia: Universitas Sydney
Lëtzebuergesch: University of Sydney
Bahasa Melayu: Universiti Sydney
srpskohrvatski / српскохрватски: Univerzitet u Sydneyju
Simple English: University of Sydney
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: سىدنېي ئۇنىۋېرستېتى
oʻzbekcha/ўзбекча: Sidney Universiteti
Tiếng Việt: Đại học Sydney
中文: 悉尼大學
粵語: 雪梨大學