Universidade Politécnica de Cartaxena

Universidad Politécnica de Cartagena
Datos xerais
Localización Cartaxena
Fundación 1998
Datos actuais
Reitor Alejandro Díaz Morcillo
Alumnos 7.210
Datos de contacto
Enderezo Edif. La Milagrosa, Plaza del Cronista Isidoro Valverde, 30202
Cartaxena, Murcia España
Páxina web http://www.upct.es/

A Universidade Politécnica de Cartaxena ou UPCT é unha universidade pública española situada na cidade de Cartaxena, na Rexión de Murcia. Existe oficialmente dende o 3 de agosto de 1998 e as súas escolas son fundamentalmente de índole tecnolóxica e empresarial.

Campus

A UPCT conta con varios campus en diferentes áreas da cidade de Cartaxena:

  • Campus de Alfonso XIII, campus orixinario no centro da cidade. Está composto polos edificios da ETSIA, ETSAE, e ETSINO e EICM que comparte o edificio que antes ocupaba a FCCE.
  • Campus Muralla del Mar, composto polo antigo Hospital de Marina, sede da ETSII, e o antigo Cuartel de Antiguones, no que se acha a ETSIT. Neste campus encóntrase o edificio de I+D+I, onde conviven tres grupos de traballo: o Servizo de Apoio á Investigación Tecnolóxica (SAIT), o Instituto de Biotecnoloxía Vexetal (IBV) e o Centro de Tecnoloxía e Sistemas de Información (CTSI); ademais do Edificio de Laboratorios de Investigación (ELDI) e a Casa do Estudante.
  • Campus CIM, antigo Cuartel de Instrución de Mariñeiría. O edificio data do século XVIII, e actualmente alberga a FCCE e o Museo Naval.