Unión de Utrecht

Derradeira páxina da Unión de Utrecht. Aparecen as sinaturas dos 6 representantes de Holanda.
Mapa dos Países Baixos españois en 1579: Unión de Arras e Unión de Utrecht.

A Unión de Utrecht foi un acordo asinado o 23 de xaneiro de 1579 por algunhas das Provincias Unidas e que consistiu, basicamente, nunha alianza militar [1] contra o dominio do rei de España. No acordo rexeitan a intromisión dos estranxeiros nos seus asuntos e supón, de facto, a creación da República das Provincias Unidas dos Países Baixos ou tamén chamada República dos Sete Países Baixos ( Frisia, Groninga, Holanda, Zelandia, Utrecht, Overijssel e Güeldres).

Para varios autores, a creación da unión supuxo o fundamento legal para a creación da posterior constitución e independencia da República dos Países Baixos. [2] [3]

Contexto histórico

Durante as guerras de relixión dos séculos XVI e XVII, prodúcese a rebelión dos territorios flamengos da monarquía hispánica en 1566 e que continuará de xeito,case que, ininterrompida até que mediante a Paz de Wesfalia e o Tratado de Munster ( 1648) recoñeceuse oficialmente a independencia do territorio, poñendo fin á chamada " guerra dos Oitenta Anos" ou guerra de Flandres.

Aínda que a revolta inicial foi rapidamente sufocada polo Duque de Alba, Luís de Requesens e don Xoán de Austria, os intentos de pactos e de manter a tolerancia relixiosa e o recoñecemento da soberanía de Filipe II sobre o conxunto do territorio non fructificaron. Coa maior parte do territorio en mans dos rebeldes, os calvinistas dos estados do norte comezaron a perseguir aos católicos e a encarcerar aos partidarios reais, e esas circunstancias foron aproveitadas por Alexandre Farnesio, daquela gobernador dos Países Baixos, para propiciar a chamada Unión de Arras ( 5 de xaneiro de 1579), na que as provincias do sur: Hainaut, Douai e Artois, recoñecen a autoridade do rei.

Other Languages
Afrikaans: Unie van Utrecht
العربية: اتحاد أوترخت
беларуская: Утрэхцкая унія
беларуская (тарашкевіца)‎: Утрэхцкая унія
български: Утрехтска уния
brezhoneg: Unaniezh Utrecht
Esperanto: Unio de Utrecht
français: Union d'Utrecht
Bahasa Indonesia: Uni Utrecht
norsk nynorsk: Utrechtunionen
português: União de Utrecht
srpskohrvatski / српскохрватски: Utrechtska unija
slovenčina: Utrechtská únia
српски / srpski: Утрехтска унија
українська: Утрехтська унія
West-Vlams: Unie van Utrecht