Unión Soviética

Советский Союз
Unión Soviética

 

 

 

1922–1991
BandeiraEscudo
Lema: Пролетарии всех стран, соединяйтесь!
(Ruso: Traballadores do mundo, unídevos!)
Himno: A Internacional (1922-1944)

Gosudarstvenniy Gimn SSSR (1944-1991)
CapitalMoscova
LinguaLingua rusa e outras 14
GobernoRepública socialista
Presidente
 • 1917–1924 (primeiro)Vladimir Lenin
 • 1985–1991 (último)Mikhail Gorbachev
Historia
 • Establecido1922
 • Disolución1991
Superficie
 • 199122.402.200 km²
Poboación
 • 1991 est.293.047.571 
     Densidade13,1/km²
MoedaRublo
Precedido por
Sucedido por
Flag of the Russian Soviet Federative Socialist Republic (1918–1937).svgRSSF de Rusia
Flag of Transcaucasian SFSR.svgRSS Transcaucásica
Flag of the Ukrainian Soviet Socialist Republic (1929–1937).svgRSS de Ucraína
Flag of the Byelorussian Soviet Socialist Republic (1919-1927).svgRSS de Belarús
RusiaFlag of Russia (1991–1993).svg
BelarúsFlag of Belarus (1918, 1991–1995).svg
UcraínaFlag of Ukraine.svg
MoldaviaFlag of Moldova.svg
XeorxiaFlag of Georgia (1990–2004).svg
ArmeniaFlag of Armenia.svg
AcerbaixánFlag of Azerbaijan.svg
CasaquistánFlag of Kazakhstan.svg
UzbequistánFlag of Uzbekistan.svg
TurcomenistánFlag of Turkmenistan.svg
KirguizistánFlag of Kyrgyzstan.svg
TaxiquistánFlag of Tajikistan.svg
EstoniaFlag of Estonia.svg
LituaniaFlag of Lithuania.svg
LetoniaFlag of Latvia.svg

A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.[1]

Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Historia da Unión Soviética

Artigo principal: Historia da Unión Soviética.

Revolución e fundación da Unión Soviética

Cartel sobre as chemineas da Rusia Soviética

O ano de 1905 é considerado o prólogo da Revolución Rusa. A Rusia tsarista acabara de ser derrotada nunha guerra contra un Xapón pequeno e tecnoloxicamente atrasado. A derrota abalou a popularidade do tsar Nicolao II, e a revolta interna que se seguiu serviría de precedente para a revolución de 1917.

O Partido Socialdemócrata Ruso, dividido nas correntes Bolxevique e Menxevique (en ruso maioría e minoría respectivamente) comezou a Revolución Rusa en 1917 en dúas etapas distintas. O derrube do tsar ocorreu en febreiro, sendo instaurada entón unha república cunha estrutura de poder que desde cedo se dividiu entre un parlamento convencional e soviets (consellos) populares que non se recoñecían mutuamente. As tensións así xeradas desembocaron na Revolución de Outubro, en novembro de 1917. Entre 1918 e 1922, logo da Revolución Bolxevique, tivo inicio a guerra civil na Rusia, entre os revolucionarios (vermellos) e os contra-revolucionarios (brancos), que tiveron o auxilio de tropas estranxeiras de intervención, enviadas por Francia, Reino Unido, Xapón e Estados Unidos.

O 29 de decembro de 1922 unha conferencia de delegacións plenipotenciarias da RSFS de Rusia, RFSS de Transcaucasia, a RSS de Ucraína e a RSS de Belarús aprobaron o Tratado de Creación da URSS e a Declaración da Creación da URSS, formándose a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Estes dous documentos foron confirmados polo primeiro Congreso soviético da URSS e asinados polas cabezas das delegacións Mijaíl Kalinin, Mikha Tskhakaya, Mijaíl Frunze e Grigory Petrovsky, e Aleksandr Chervyakov respectivamente o 30 de decembro de 1922. O 1 de febreiro de 1924 a URSS foi recoñecida pola primeira potencia mundial da época, o Imperio británico.

A reestruturación intensiva da economía, a industria e a política do país empezaron desde os primeiros días do poder soviético en 1917. Así pois Lenin implantou a NEP, sigla para Nova Política Económica, que recuperou algúns trazos do capitalismo para incentivar a nacente economía soviética. A NEP, segundo Lenin, consistía nun recúo estratéxico caracterizado polo restablecemento da libre iniciativa e da pequena propiedade privada, admitindo o apoio de financiamentos estranxeiros.

Economía planificada e expurgos

Iosif Stalin e Lenin

En 1936, o réxime de Iosif Stalin expulsou ou executou un número considerable de membros do Partido, entre eles moitos dos seus opositores, nos actos que ficaron coñecidos como os Grandes Expurgos ou as Grandes Purgas. A pesar de todo, eles acreditaban que este sería o camiño para o comunismo, mais o rumbo desa forma social xa estaba trazado de forma totalmente distinta do que Marx e Lenin pensaban, no canto de enfocarse cara á disolución do propio Estado e das clases sociais, o réxime baixo o comando de Stalin era camiñaba cara á cristalización (a idea de socialismo dentro dun só país).

Entre as circunstancias que produciron ese efecto cóntanse as nacionalizacións e a aniquilación física da clase burguesa que o NEP recriara, co recurso aos Gulags (campos de traballo na Siberia). Os verdadeiros comunistas critican esta forma que Stalin utilizou para liquidar a propiedade privada, por non concordaren con ela, e por acharen que ela só manchaba a imaxe do comunismo perante o mundo pois o mesmo efecto podería ter sido obtido sen a aniquilación física daquela clase. O desastre e a truculencia autoritaria das políticas stalinistas contribuíron moito para a deturpación do concepto creado por Marx, de ditadura do proletariado. Despois das nacionalizacións, a economía foi planificada, de modo que esta puidese tirar proveito da súa nacionalización. De cinco en cinco anos pasouse a realizar plans quinquenais, nos cales se decidían que fondos serían aplicados e en que áreas.

Gran guerra patriótica e desestalinización

Do 1941 a 1945, a participación da Unión Soviética na segunda guerra mundial foi coñecida como a gran guerra patriótica, combatendo os soviéticos contra as forzas invasoras da Alemaña nazi, ao lado dos Aliados occidentais (resultando aproximadamente tres millóns de mortos rusos). O sucesor de Stalin, Nikita Khrushchev, emprendeu unha política de denuncia dos abusos do seu antecesor. Durante o Congreso de 1956 do Partido Comunista da Unión Soviética, Kruschev divulgou unha serie de crimes de Stalin, renegando a herdanza do estalinismo, establecendo, así, unha nova postura e creando un novo paradigma para o comunismo internacional. A propaganda capitalista utilizou moitos dos argumentos xerados por Kruschev para facer fronte á URSS.

Como resultado da guerra fría, a Unión Soviética viuse envolvida nunha carreira pola conquista do espazo cos Estados Unidos. Finalmente a Unión Soviética foi a nación que tomou a dianteira na exploración espacial ao enviar o primeiro satélite artificial, o Sputnik, e o primeiro home ao espazo, Iuri Gagarin. Grande parte dos feitos espaciais da Unión Soviética débense ao talento do enxeñeiro de foguetes Sergei Korolev, o enxeñeiro-xefe do programa espacial soviético, que convenceu ao líder Nikita Khrushchev da importancia da conquista do Espazo. Entre 1956 e 1985, a Unión Soviética atinxiu o seu auxe xeopolítico e tecnolóxico. Entre tanto, tamén foi época de pouco crecemento económico e lentos avances na calidade de vida da poboación.

Gorbachev, Perestroika e Glasnost

Mikhail Gorbachev

Mikhail Gorbachev foi o último dirixente soviético. Asumiu o cargo de secretario xeral do PCUS (Partido Comunista da Unión Soviética) en marzo de 1985, substituíndo a Konstantin Chernenko, que faleceu naquel ano. A boa relación cos membros do partido e a habilidade política foron factores que credenciaron a Gorbachev para asumir o posto máis importante na xerarquía administrativa soviética. Defensor de ideas modernizadoras, instituíu dous grandes proxectos innovadores ao conservadorismo dos dirixentes: a perestroika (reestruturación económica) e a glasnost (abertura política).

A Perestroika, que comezou no 1986, foi concibida para introducir un novo dinamismo na economía soviética, que pasaba por serios problemas. Para que os sectores económicos do país tivesen unha expansión cualitativa e cuantitativa, foron introducidos mecanismos para estimular a libre concorrencia (e acabar co monopolio estatal), desenvolver sectores secundarios de produción (bens de consumo e servizos non-esenciais) a través da iniciativa privada e descentralizar as operacións empresariais. No campo, foi estimulada a creación de cooperativas por grupos familiares e arrendamento de terras estatais. A proposta tamén foi incentivar empresas estranxeiras a actuaren no país.

Na área política e social, a Glasnost pretendeu colocar novos paradigmas no modo de vida soviético. Para que a Unión Soviética tivese un desenvolvemento forte, era necesario colocar unha nova mentalidade en todos os segmentos da sociedade. Así, a proposta foi de acabar coa burocracia política, combater a corrupción e introducir a democracia en todos os niveis de participación política. A glasnost tamén liberou disidentes políticos e permitiu a liberdade de prensa e expresión. Gorbachev enfrontouse a grandes resistencias da oligarquía e dos burócratas do partido (os apparatchiks) e acabou sendo destituído cando as repúblicas, lideradas por Rusia xa entón dirixida por un antigo apparatchik de nome Boris Eltsin, se rebelaron contra o goberno central, decretando a fin da URSS.

Other Languages
Acèh: Uni Soviet
Afrikaans: Sowjetunie
Alemannisch: Sowjetunion
অসমীয়া: ছ'ভিয়েট সংঘ
авар: СССР
تۆرکجه: شوروی
Boarisch: Sowjetunion
žemaitėška: Tarību Sājonga
беларуская (тарашкевіца)‎: Саюз Савецкіх Сацыялістычных Рэспублік
bosanski: Sovjetski Savez
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Sŭ-lièng
Cebuano: Unyong Sobyet
čeština: Sovětský svaz
Deutsch: Sowjetunion
dolnoserbski: Sowjetski zwězk
English: Soviet Union
Esperanto: Sovetunio
estremeñu: Unión Soviética
føroyskt: Sovjetsamveldið
Nordfriisk: Sowjetunion
Frysk: Sovjet-Uny
贛語: 蘇聯
گیلکی: شؤروي
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌲𐌲𐌲𐌸
客家語/Hak-kâ-ngî: Sû-lièn
हिन्दी: सोवियत संघ
hrvatski: Sovjetski Savez
hornjoserbsce: Sowjetski zwjazk
magyar: Szovjetunió
interlingua: Union Sovietic
Bahasa Indonesia: Uni Soviet
Interlingue: Soviet-Union
íslenska: Sovétríkin
la .lojban.: sofygu'e
Basa Jawa: Uni Sovyèt
ភាសាខ្មែរ: សហភាពសូវៀត
한국어: 소련
कॉशुर / کٲشُر: صؤوِت اِتِفاق
kernowek: URSS
Lëtzebuergesch: Sowjetunioun
Limburgs: Sovjet-Unie
lietuvių: Tarybų Sąjunga
مازِرونی: شوروی
Napulitano: Aunione Sovieteca
Plattdüütsch: Sowjetunion
Nedersaksies: Sovjet-Unie
Nederlands: Sovjet-Unie
norsk nynorsk: Sovjetunionen
Papiamentu: Union Sovietiko
Picard: URSS
پنجابی: سویت یونین
português: União Soviética
rumantsch: Uniun sovietica
русиньскый: СССР
davvisámegiella: Sovjetlihttu
srpskohrvatski / српскохрватски: Sovjetski Savez
Simple English: Soviet Union
slovenčina: Sovietsky zväz
slovenščina: Sovjetska zveza
Soomaaliga: Midowga Sofiyet
Seeltersk: Sowjetunion
Basa Sunda: Uni Soviét
svenska: Sovjetunionen
Tagalog: Unyong Sobyet
тыва дыл: ССРЭ
Tiếng Việt: Liên Xô
West-Vlams: Sovjet-Unie
walon: URSS
吴语: 苏联
Vahcuengh: Suhlienz
中文: 苏联
文言: 蘇聯
Bân-lâm-gú: So͘-liân
粵語: 蘇聯