Unión Europea

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Bandeira da Unión Europea
Bandeira
Lema: In varietate concordia
(Latín: Unida na diversidade)
Himno: Himno de Europa
 
Situación de Unión Europea
 
CapitalBruxelas
Idioma oficial
Forma de gobernoComunitario (Unión supranacional)
Herman V. Rompuy
J. M. Durão Barroso
Jerzy Buzek
Fundación
 • T. París
 • T. Roma
 • T. Bruxelas
 • A.U. Europea
 • T. Maastricht
 • T. Ámsterd.
 • T. Niza
 • T. Lisboa

18 de abril de 1951
25 de marzo de 1957
1 de xullo de 1967
1 de xullo de 1987
1 de novembro de 1993
1 de maio de 1999
1 de febreiro de 2003
1 de decembro de 2009
Membros
Superficie
 • Total
 • % agua

4.324.782 km²
3,08%
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 3º
501.259.840 (2010)
114 hab/km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

US$ 18.493.009 millóns
US$ 37.194
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

US$ 15.282.118 millóns
US$ 30.136
IDH (2007)0,937 (27º) – Alto
MoedaEuro2 (€, EUR)
XentilicioEuropeo, europea
Internet.eu
Sitio webeuropa.eu
Membro de: OMC, G8, G20, OCDE, BERD

1 Linguas oficiais da Unión, non na Unión. Os Estados membros definen as líguas oficiais nos seus respectivos territorios.
2 Algúns dos Estados da Unión conservan a súa moeda nacional.

A Unión Europea (Gl-Unión Europea.ogg pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. A República de Macedonia, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Historia

Orixes da Unión Europea

Artigo principal: Historia da Unión Europea.

9 de maio de 1950: naceu Europa

Países fundadores da CECA.

O xx estivo marcado pola ascensión e caída das ideoloxías totalitarias. Na primavera de 1950 Europa atópase á beira do abismo. A guerra fría fai pesar a ameaza dun conflito entre as partes do Leste e Oeste do continente. Cinco anos despois da fin da segunda guerra mundial, os antigos adversarios de ámbalas beiras están lonxe da reconciliación. Procurouse evitar repetir os erros do pasado e crear condicións para unha paz duradeira entre inimigos tan recentes.

O problema troncal era a relación entre Francia e Alemaña. Era preciso crear unha relación forte entre estes dous países e reunir no seu torno todos os países libres de Europa co fin de construír conxuntamente unha comunidade cun destino común. Jean Monnet, coa súa experiencia única como negociador e construtor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, e ao Chanceler alemán Konrad Adenauer centrar as súas políticas nun interese común entre ámbolos países: a xestión sobre o control dunha autoridade independente do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o 9 de maio de 1950 por Francia e recibe unha fervorosa acollida en Alemaña, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo.

O Tratado que constituíu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), será asinado en abril de 1951, abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que se está abrindo ao leste dun continente do que estivo demasiado tempo separada.

25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea

O plan Schuman tiña dado orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Baixo a presión da guerra fría, leváronse a cabo diversas medidas nos dominios da defensa e da unión política para as que a opinión pública non estaba aínda preparada. Os seis Estados-membros da CECA escolleron por tanto unha nova área de integración no dominio económico: a creación dun mercado único.

O Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, que institúe a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitúe de aí en diante o eixo principal en torno do cal se vai organizar a construción europea.

De 1958 a 1970, a abolición dos dereitos aduaneiros ten repercusións espectaculares: o comercio intracomunitario é multiplicado por seis, ao paso que os intercambios comerciais da CEE co resto do mundo son multiplicados por tres. No mesmo período, o produto nacional bruto medio da CEE aumenta un 70%. Seguindo o patrón dos grandes mercados continentais, como o dos Estados Unidos de América, os axentes económicos europeos saben tirar proveito da dinamización resultante da abertura das fronteiras. Os consumidores habitúanse a que lles sexa proposta unha gama cada vez máis variada de produtos importados. A dimensión europea tórnase unha realidade. En 1986, a sinatura da Acta Única permitirá abolir as outras restricións, de orde regulamentar e fiscal, que atrasaban aínda a creación dun mercado interno xenuíno, totalmente unificado.

20 de xullo de 1963: Iaundé, os indicios dun papel internacional

Bandeiras da Unión Europea en París.

Cos seus destinos a unírense no continente, os Estados fundadores da Comunidade Europea asinan coas súas antigas colonias africanas, en 1963, unha convención que garante a estas últimas certas vantaxes comerciais e axudas financeiras. A Convención de Lomé, que se seguiu á de Iaundé, aplícase actualmente a 70 países de África, do Caribe e do Pacífico, tornándose a Unión Europea na maior fonte de axuda pública ao desenvolvemento. A cooperación estendeuse igualmente, baixo outras formas, á maior parte dos países de Asia e de América Latina.

O 28 de novembro de 1995, os 15 países da Unión Europea e 12 países do sur do Mediterráneo estabelecen unha parcela que deberá conducir á creación dunha zona de comercio libre, combinada con acordos de cooperación nos dominios social, cultural e humano.

No século XXI espérase á afirmación da Europa como potencia de paz, dende que a Unión promova a estabilidade e o desenvolvemento nos grandes grupos rexionais que a envolven. Grazas ao papel que desempeña nos intercambios comerciais mundiais e ao seu peso económico, a Unión é xa un participante respectado nas grandes instancias internacionais, tales como a Organización Mundial do Comercio ou a ONU.

Progresivamente, a Unión apóiase no seu potencial económico para desenvolver a súa influencia política e afirmarse cunha soa voz. O Tratado da Unión Europea, de 1992, fixa o obxectivo e as modalidades dunha Política Externa e de Seguridade Común (PESC), que inclúe, a prazo fixo, a definición dunha política de defensa común. Mais os europeos deberán aínda facer numerosos esforzos para harmonizar a súa diplomacia e a súa política de seguridade. É ese o prezo, que presupón umha vontade política real dos Estados-membros, para que a Unión poida defender os seus intereses e contribuír á creación dun mundo de paz e de xustiza.

1 de xaneiro de 1973: primeira ampliación da Comunidade Europea

A Unión Europea atópase aberta a todos os países europeos que a ela pretenden adherirse e que respecten os compromisos asumidos nos Tratados da fundación e subscriban os mesmos obxectivos fundamentais. Existen dúas condicións que determinan a aceptación dunha candidatura á adhesión: a localización no continente europeo e a práctica de todos os procedementos democráticos que caracterizan ó Estado de dereito.

Así, Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido adhírense á Comunidade o 1 de xaneiro de 1973. A estas adhesións seguiulle unha ampliación ao Sur do continente, durante os anos 80, con Grecia, España e Portugal, tras a súa afirmación democrática. A terceira onda de adhesións, que tivo lugar en 1995, traduce a vontade dos países da Europa escandinava e central de se xuntar a unha Unión que ten vindo a consolidar o seu mercado interno e se afirma como o único pólo de estabilidade no continente, ademais do desagregamento do bloque soviético.

De seis a nove, de doce a quince membros, a Europa comunitaria vai gañando influencia e prestixio. Debe manter un modo de decisión eficaz, capaz de xestionar o interese común en proveito de todos os seus membros, preservando simultaneamente as identidades e as especificidades nacionais e rexionais que constitúen a súa riqueza. O maior desafío para o que se preparan actualmente os europeos consiste en acoller ós xa adheridos países da Europa central, balcánica, mediterránea e báltica. De cara ao futuro, os retos eran atopar os recursos necesarios para que os novos países atinxisen o nivel económico e estrutural dos países da UE no máis breve prazo, e doutra banda adaptar as institucións para que estas puidesen continuar a cumprir as súas misións en beneficio dunha Unión de máis de 25 Estados-membros.

7-10 de xuño de 1979: primeiras eleccións directas do Parlamento Europeo por sufraxio universal

O Parlamento Europeo desempeña un papel fundamental no equilibrio institucional da Comunidade: representa os pobos de Europa e caracteriza a natureza democrática do proxecto europeo. Dende a súa creación, dotado de poderes de control do ramo executivo, o Parlamento Europeo dispón igualmente de poder lexislativo, na forma dun dereito de ser consultado sobre os principais textos comunitarios, poder que se foi ampliando progresivamente para se transformar nun verdadeiro dereito de co-decisión lexislativa. O Parlamento comparte, ademais diso, co Consello da Unión Europea o poder orzamental.

Ata 1979, os membros do Parlamento Europeo eran membros dos parlamentos nacionais, que os nomeaban para representalos en Estrasburgo. A partir de 1979, pasaron a ser elixidos por sufraxio universal directo en cada un dos países da Unión, por mandatos de cinco anos. Os cidadáns escollen así os deputados que terán asento, non en delegacións nacionais, mais en grupos parlamentarios transnacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no continente.

A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e os seus diferendos segundo as mesmas regras de dereito e os mesmos procedementos de arbitraxe que unen ós cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribía Jean Monnet. De este xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tales, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica sutil que funciona dende hai preto de cincuenta anos entre o Consello da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, representa indubidabelmente unha adquisición fundamental da construción europea, sendo a chave do seu éxito.

17 de febreiro de 1986: sinatura do Acto Único Europeo

O obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, grazas á supresión dos dereitos aduaneiros internos e das restricións cuantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto doutros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados na forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasábeis.

A Comisión tomou por tanto, unha iniciativa audaz que levou á adopción da Acta Única. Fixou o 1 de xaneiro de 1993 como a data límite para a plena realización do mercado interno e, grazas á ampliación da votación por maioría, propiciou ás institucións europeas os medios para adoptaren as 300 directivas que eran necesarias.

Ó obxectivo do gran mercado interno, a Acta Única asocia estreitamente outro de importancia tan fundamental como o primeiro: o da cohesión económica e social. Europa crea así políticas estruturais en beneficio das rexións con atrasos de desenvolvemento ou que se viron afectadas por mudanzas tecnolóxicas e industriais. Promove igualmente a cooperación en materia de investigación e de desenvolvemento. Por último, toma en consideración a dimensión social do mercado interno: no espírito dos gobernantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interno e unha concorrencia sa entre as empresas son indisociábeis do obxectivo constante que consiste na melloría das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos.

1 de novembro de 1993: a Unión Europea

Ao entrar en vigor, o 1 de novembro de 1993, o Tratado da Unión Europea, asinado o 7 de febreiro de 1992 en Maastrich, confere unha nova dimensión á construción europea. A Comunidade Europea (o Tratado de Maastricht substituíu ó nome Comunidade Económica Europea), fundamentalmente económica nas súas aspiracións e na súa teoría, pasa a estar integrada na Unión Europea baseada, de agora en diante, en tres piares.

O piar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns.

Os outros dous piares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tales como a política de imigración e de asilo, a policía e a xustiza, por outro. Trátase de un progreso importante, na medida en que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico de drogas.

Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastrich será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotiá: a realización da Unión Económica e Monetaria. A partir do 1 de xaneiro de 1999, a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: o euro.

A derradeira etapa lóxica da realización do mercado interno, a introdución da moeda única, polas repercusións persoais que terá para cada cidadán e polas consecuencias económicas e sociais de que se revestirá, terá un alcance eminentemente político. Poderá mesmo considerarse que o euro será futuramente o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de concorrer coas grandes moedas de reserva internacionais, constituirá o signo distintivo da pertenza común a un continente que se está a unir e a afirmar.

Other Languages
Afrikaans: Europese Unie
Alemannisch: Europäische Union
aragonés: Unión Europea
asturianu: Xunión Europea
azərbaycanca: Avropa İttifaqı
žemaitėška: Euruopas Sājonga
Bikol Central: Union Europea
беларуская: Еўрапейскі Саюз
беларуская (тарашкевіца)‎: Эўрапейскі Зьвяз
български: Европейски съюз
bamanankan: Eropa Jɛkulu
brezhoneg: Unaniezh Europa
bosanski: Evropska unija
català: Unió Europea
Chavacano de Zamboanga: Unión Europea
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ĕu-ciŭ Lièng-mèng
нохчийн: Европан барт
qırımtatarca: Avropa Birligi
čeština: Evropská unie
dolnoserbski: Europska unija
Esperanto: Eŭropa Unio
español: Unión Europea
estremeñu: Unión Uropea
Nordfriisk: Europäisch Unjoon
客家語/Hak-kâ-ngî: Êu-chû Lièn-mèn
Fiji Hindi: European Union
hrvatski: Europska unija
hornjoserbsce: Europska unija
Kreyòl ayisyen: Inyon Ewopeyèn
interlingua: Union Europee
Bahasa Indonesia: Uni Eropa
Interlingue: Europan Union
italiano: Unione europea
日本語: 欧州連合
la .lojban.: ropno gunma
Basa Jawa: Uni Éropah
Kabɩyɛ: UE ŋgbɛyɛ
қазақша: Еуропа одағы
kalaallisut: EU
ភាសាខ្មែរ: សហភាពអឺរ៉ុប
한국어: 유럽 연합
Перем Коми: Ӧтласа Европа
къарачай-малкъар: Европа бирлик
kernowek: Unyans Europek
Lëtzebuergesch: Europäesch Unioun
Lingua Franca Nova: Uni European
Limburgs: Europese Unie
lumbaart: Üniun Eurupea
lietuvių: Europos Sąjunga
олык марий: Европа Ушем
македонски: Европска Унија
Bahasa Melayu: Kesatuan Eropah
Mirandés: Ounion Ouropeia
မြန်မာဘာသာ: ဥရောပ သမဂ္ဂ
مازِرونی: اروپای اتحادیه
Napulitano: Aunione europea
Plattdüütsch: Europääsche Union
Nedersaksies: Europese Unie
नेपाल भाषा: युरोपियन युनियन
Nederlands: Europese Unie
norsk nynorsk: Den europeiske unionen
Chi-Chewa: European Union
ਪੰਜਾਬੀ: ਯੂਰਪੀ ਸੰਘ
Papiamentu: Union Oropeo
Piemontèis: Union Europenga
پنجابی: یورپی یونین
português: União Europeia
Runa Simi: Iwrupa Huñu
rumantsch: Uniun europeica
armãneashti: Uniunea Europeană
tarandíne: Aunìone europèe
русиньскый: Европска унія
sicilianu: Unioni Europea
davvisámegiella: Eurohpá uniovdna
srpskohrvatski / српскохрватски: Evropska unija
Simple English: European Union
slovenčina: Európska únia
slovenščina: Evropska unija
Gagana Samoa: Iuni a Europa
Soomaaliga: Midowga Yurub
српски / srpski: Европска унија
Basa Sunda: Uni Éropa
Kiswahili: Umoja wa Ulaya
Türkçe: Avrupa Birliği
татарча/tatarça: Аурупа берлеге
удмурт: Европа союз
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ياۋروپا ئىتتىپاقى
українська: Європейський Союз
oʻzbekcha/ўзбекча: Yevropa Ittifoqi
vèneto: Union Eoropea
vepsän kel’: Evropan Ühtištuz
Tiếng Việt: Liên minh châu Âu
West-Vlams: Europese Unie
Volapük: Balatam Yuropik
Winaray: Unyon Europea
吴语: 欧洲联盟
მარგალური: ევროპაშ რსხუ
Zeêuws: Europese Unie
中文: 欧洲联盟
Bân-lâm-gú: Au-chiu Liân-bêng
粵語: 歐洲聯盟