Tyrrell Racing

Tyrrell
Tyrrell.png
Nome completo Tyrrell Racing Organisation
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg
Baseada en Ockham, Surrey, Reino Unido
Tempadas en activo 31 ( 1968- 1998)
Número de pilotos Francia Jean Alesi
Flag of South Africa.svg Jody Scheckter
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart
Italia Andrea de Cesaris
Francia François Cevert
Debut Gran Premio de Canadá de 1970
Carreiras 430
Campionatos de Construtores 1 ( 1971)
Campionatos de Pilotos 2 1971, 1973)
Vitorias 23
Pole positions 14
Voltas Rápidas 20
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 1998

Tyrrell Racing Organisation (TRO) foi un equipo de carreiras de automóbiles e un construtor de Fórmula Un, fundado por Ken Tyrrell, que comezou a competir en 1958 e a construír os seus propios coches en 1970. O equipo viviu o seu maior éxito na década de 1970, cando gañou tres campionatos de pilotos e un de construtores con Jackie Stewart. O equipo nunca volveu a conseguir tales éxitos, aínda que continuou gañando carreiras a través dos anos 1970 e na década de 1980, conseguindo a última vitoria cun motor Ford Cosworth DFV en Detroit en 1983. O equipo foi comprado por BAR en 1997 e completou a súa última tempada como Tyrrell en 1998.

Fórmulas Menores (1958 - 1967)

Tyrrell Racing apareceu por primeira vez en 1958, correndo con coches de Fórmula Tres con Ken Tyrrell e outras estrelas locais. Ao darse conta de que non tiña dotes de piloto, Ken Tyrrell retirouse como piloto en 1959, e fundou un equipo de Fórmula Junior, o (TRO), utilizando a leñeira, propiedade da súa empresa familiar, Irmáns Tyrrell, como taller. Ao longo da década de 1960, Tyrrell compite en fórmulas menores, provendo de monoprazas aos debutantes John Surtees e Jacky Ickx. Pero a asociación máis famoso foi a que forxou con Jackie Stewart, con quen asinou por primeira vez en 1963 e gañou o campionato do Reino Unido de F3 en 1964 cun Cooper.

Tyrrell correu na Fórmula 2 con BRM en 1965. En 1966 Tyrrell asinou un acordo para competir na Fórmula 2 con autos fabricados pola compañía francesa Matra e gaña o título en 1967 co piloto belga Jacky Ickx.

Other Languages
Afrikaans: Tyrrell Racing
български: Тирел
brezhoneg: Tyrrell Racing
čeština: Tyrrell
Deutsch: Tyrrell
español: Tyrrell Racing
français: Tyrrell Racing
Bahasa Indonesia: Tyrrell Racing
italiano: Tyrrell
日本語: ティレル
lietuvių: Tyrrell Racing
latviešu: Tyrrell Racing
Nederlands: Tyrrell Racing
norsk nynorsk: Tyrrell Racing
português: Tyrrell Racing
română: Tyrrell Racing
Simple English: Tyrrell Racing
slovenščina: Tyrrell Racing
svenska: Tyrrell
Türkçe: Tyrrell Racing
vèneto: Tyrrell