Tucídides

Para o político ateniense homónimo, ver Tucídides (político).
Tucídides
Thucydides pushkin01.jpg
Nacementoanos 460 a. C.
 Alimos
Falecementoanos 390 a. C.xuliano
 Atenas
NacionalidadeAntiga Atenas
EtniaGregos
Ocupaciónhistoriador e escritor
Coñecido/a porHistória da Guerra do Peloponeso
editar datos en Wikidata ]

Tucídides (grego Θουκυδίδης, Thukydídês), nado entre o 460 e o 455 a.C. e finado cara ao 400 a.C., foi un historiador grego, autor da Historia da Guerra do Peloponeso, que narra a guerra do século V a.C. entre Esparta e Atenas. Esta obra considérase un clásico e representa a primeira do seu tipo.

Traxectoria

Case todo o que se sabe da vida de Tucídides provén da súa propia Historia da Guerra do Peloponeso. O seu pai, Oloro, era de orixe tracia e estaba conectado coa realeza tracia. Era un home influente e adiñeirado. Posuía minas de ouro en Scapte Hyle, un distrito da costa tracia situado por fronte da illa de Tasos. Tucídides, nacido en Alimos, estaba conectado a través da súa familia co estadista e xeneral Milcíades e o seu fillo Cimón, líderes da vella aristocracia suplantada polos demócratas radicais. Tucídides viviu entre os seus dous fogares en Atenas e Tracia. As súas conexións familiares puxérono en contacto cos propios protagonistas da historia sobre a que escribiu.

Tería uns vinte tantos anos cando se declarou a Guerra do Peloponeso en 431. Contraeu a peste que asolou Atenas entre 430 e 427 que se levou a Pericles en 429 xunto con outros miles de atenienses. En 424 foi nomeado estratego (xeneral) e asignóuselle o mando dunha escuadra de sete barcos estacionados en Tasos, probabelmente polas súas relacións coa zona. Durante o inverno de 424/3, o xeneral espartano Brásidas atacou Anfípolis, a medio día de navegación ao oeste de Tasos na costa tracia. Eucles, o comandante ateniense de Anfípolis pediulle axuda a Tucídides. Brásidas, coñecedor da súa presenza e da súa influencia sobre a xente de Anfípolis, tiña medo de que chegase axuda polo mar, polo que actuou rapidamente para ofrecerlles uns termos de rendición moderados aos habitantes, que aceptaron. Así, cando Tucídides chegou, Anfípolis estaba xa baixo control espartano. Anfípolis era de importancia estratéxica considerábel e a noticia causou tan grande consternación en Atenas que foi exiliado. Utilizando a súa situación de Atenas para navegar libremente entre os aliados peloponesios, tivo a oportunidade de ver a guerra desde a perspectiva dos dous bandos. Durante este período levou a cabo unha parte importante da súa investigación histórica.

O resto dos datos que se coñecen da súa vida procede de fontes antigas posteriores menos fiábeis. Segundo Pausanias, alguén de nome Enobio logrou que se aprobase unha lei que lle permitise a Tucídides volver a Atenas, probabelmente pouco despois da rendición desta e do final da guerra no ano 404. Pausanias engade que Tucídides foi asasinado polas costas en Atenas. Existen dúbidas sobre estes feitos, dado que hai indicios que permiten facer pensar que vivía no 397. Plutarco asegura que os seus restos foron devoltos a Atenas e colocados no mausoleo familiar de Cimón.

O remate abrupto da súa narrativa, que se detén no medio do ano 411 parece suxerir que morreu cando aínda estaba a escribir o libro.

Other Languages
Afrikaans: Thukydides
Alemannisch: Thukydides
አማርኛ: ቶኪዳይደስ
aragonés: Tucidides
العربية: ثوسيديديس
asturianu: Tucídides
azərbaycanca: Fukidid
беларуская: Фукідыд
български: Тукидид
brezhoneg: Thoukydides
català: Tucídides
کوردی: توسیدید
čeština: Thúkydidés
Cymraeg: Thucydides
dansk: Thukydid
Deutsch: Thukydides
Zazaki: Tukidid
Ελληνικά: Θουκυδίδης
English: Thucydides
Esperanto: Tucidido
español: Tucídides
eesti: Thukydides
euskara: Tuzidides
فارسی: توسیدید
suomi: Thukydides
français: Thucydide
Gaeilge: Thucydides
עברית: תוקידידס
hrvatski: Tukidid
հայերեն: Թուկիդիդես
interlingua: Thucydides
Bahasa Indonesia: Thukidides
íslenska: Þúkýdídes
italiano: Tucidide
Patois: Tuusididiiz
ქართული: თუკიდიდე
қазақша: Фукидид
한국어: 투키디데스
Latina: Thucydides
Lëtzebuergesch: Thukydides (Historiker)
Lingua Franca Nova: Tucidide
lietuvių: Tukididas
latviešu: Tukidīds
Malagasy: Thucydides
македонски: Тукидид
Mirandés: Tucídides
norsk nynorsk: Thukydides
norsk: Thukydid
occitan: Tucidides
polski: Tukidydes
Piemontèis: Tucìdide
português: Tucídides
română: Tucidide
русский: Фукидид
sicilianu: Tucìdidi
Scots: Thucydides
srpskohrvatski / српскохрватски: Tukidid
Simple English: Thucydides
slovenčina: Thoukydides
slovenščina: Tukidid
shqip: Thukididi
српски / srpski: Тукидид
svenska: Thukydides
Tagalog: Thoukydidis
Türkçe: Thukididis
українська: Фукідід
oʻzbekcha/ўзбекча: Fukidid
Tiếng Việt: Thucydides
Winaray: Thucydides
მარგალური: თუკიდიდე
Yorùbá: Thucydides
中文: 修昔底德