Tritongo

Un tritongo (do prefixo latino tri- e do grego φθόγγος, 'sons', literalmente 'tres sons') é un conxunto de tres fonemas vocálicos formado por unha semiconsoante, unha vogal e unha semivogal que se atopan na mesma sílaba.

No galego non adoitan os tritongos. Hai algúns exemplos de palabras patrimoniais nas que por evolución fonética normal se reuniron tres vogais de xeito que unha forte queda entre dous febles: dioivo, bieito.

No galego oriental, onde os plurais dos nomes rematados en -n se forman elidindo ese -n e engadindo o sufixo -is, aparece tritongo se o -n vai precedido de ditongo. Así traiciois (tradicións).

Tamén hai tritongos na fala de Goián e noutras que perderon o -d- en formas de conxugación como fraguais, ao xeito do portugués e o castelán.

No mesmo galego común, palabras que rematan cos ditongos io, ia, ie, ao formaren derivados con -ARIU, presentarán tritongo: comenencieiro, especieiro; á parte das voces pronunciadas ocasionalmente con rapidez ou descoido, do tipo cambiei, fieito, que regularmente soan cam-bi-ei, fi-ei-to.

  • véxase tamén

Véxase tamén

Bibliografía

Other Languages
العربية: ترفثنغ
български: Трифтонг
brezhoneg: Triftongenn
català: Triftong
Deutsch: Triphthong
English: Triphthong
Esperanto: Triftongo
español: Triptongo
suomi: Triftongi
français: Triphtongue
Հայերեն: Եռաբարբառ
italiano: Trittongo
қазақша: Трифтонг
Limburgs: Triftong
македонски: Трифтонг
Nederlands: Triftong
norsk: Triftong
polski: Tryftong
português: Tritongo
română: Triftong
русский: Трифтонг
svenska: Triftong
українська: Трифтонг
中文: 三元音