Treboada

Árbore afrontando unha treboada nos Vilares, Guitiriz

Unha treboada consiste nun conxunto de fenómenos atmosféricos intensos asociados a cumulonimbos: lóstregos, refachos de vento, tronos, inundacións, saraiba e, posibelmente, tornados.

Orixe

Para que se forme este tipo de meteoros cómpre que exista elevación de ar húmido nunha atmosfera inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tales que unha bolla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descender e a afundirse encanto se mantiver máis frío do que o ar na súa veciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas por debaixo do punto de orballo e condensa, liberando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a treboada. Fórmanse cumulonimbos illados con grande desenvolvemento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado polas correntes ascendentes de ar.

As treboadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por convección - común en terra nas tardes de verán -cando o quecemento da superficie atinxe o seu pico- e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as augas están relativamente quentes); por efecto orográfico -(a barlovento das grandes montañas) ou estar asociadas a frontes, sendo máis intensas no caso das frontes frías.

As treboadas máis fortes xéranse cando o ar quente e húmido sobe rapidamente, con velocidades que poden chegar aos 160 km por hora, até altitudes máis elevadas e máis frías. En cada momento hai na orde de 2.000 treboadas en progreso sobre a superficie da Terra. Os lóstregos prodúcense cando as partículas de xeo ou neve dunha nube comezan a caer dende grande altitude en dirección á superficie e corresponden á liberación de enerxía debida á diferenza de carga entre as partículas.

Other Languages
Afrikaans: Donderstorm
aragonés: Tronada
العربية: عاصفة رعدية
asturianu: Nube eléctrica
башҡортса: Күк күкрәү
žemaitėška: Perkūnėjė
беларуская: Навальніца
беларуская (тарашкевіца)‎: Навальніца
বাংলা: বজ্রঝড়
čeština: Bouřka
Deutsch: Gewitter
Ελληνικά: Καταιγίδα
English: Thunderstorm
Esperanto: Fulmotondro
eesti: Äike
euskara: Trumoi-ekaitz
suomi: Ukkonen
français: Orage
Frysk: Swierwaar
हिन्दी: तड़ितझंझा
magyar: Zivatar
հայերեն: Ամպրոպ
Bahasa Indonesia: Badai petir
íslenska: Þrumuveður
italiano: Temporale
日本語: 雷雨
ქართული: ჭექა-ქუხილი
қазақша: Найзағай
한국어: 뇌우
Lëtzebuergesch: Donnerwieder
lumbaart: Temporal
lietuvių: Perkūnija
latviešu: Negaiss
Bahasa Melayu: Ribut petir
မြန်မာဘာသာ: လေမုန်တိုင်း
Nederlands: Onweer
norsk nynorsk: Torevêr
norsk: Tordenvær
occitan: Auratge
Picard: Hernu
polski: Burza
português: Trovoada
Runa Simi: Tuyur
русский: Гроза
srpskohrvatski / српскохрватски: Grmljavinska oluja
Simple English: Thunderstorm
slovenčina: Búrka
slovenščina: Nevihta
svenska: Åska
Türkçe: Oraj
українська: Гроза
Tiếng Việt: Dông
walon: Oraedje
吴语: 雷暴
中文: 雷暴