Tour de Francia

O pelotón do Tour de Francia.

O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da Primeira Guerra Mundial e desde 1940 ata 1946 pola Segunda Guerra Mundial.

Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.

Historia

O primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse á posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferenza dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.

O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.

O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contra o reloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contra o reloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contra o reloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elisios de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contra o reloxo por equipos.

Na actualidade, e tras 16 anos so a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.

Other Languages
Afrikaans: Tour de France
Alemannisch: Tour de France
aragonés: Tour de Francia
العربية: طواف فرنسا
asturianu: Tour de Francia
azərbaycanca: Tour de France
Boarisch: Tour de France
беларуская: Тур дэ Франс
беларуская (тарашкевіца)‎: Тур дэ Франс
bosanski: Tour de France
čeština: Tour de France
Esperanto: Tour de France
español: Tour de Francia
føroyskt: Tour de France
français: Tour de France
hrvatski: Tour de France
հայերեն: Տուր դը Ֆրանս
Bahasa Indonesia: Tour de France
Interlingue: Tour de France
íslenska: Tour de France
italiano: Tour de France
Basa Jawa: Tour de France
қазақша: Тур де Франс
Ripoarisch: Tuur d Frongß
Lëtzebuergesch: Tour de France
lietuvių: Tour de France
latviešu: Tour de France
македонски: Тур де Франс
Bahasa Melayu: Tour de France
Plattdüütsch: Tour de France
Nedersaksies: Roonde van Fraankriek
norsk nynorsk: Tour de France
Piemontèis: Gir dla Fransa
português: Tour de France
română: Turul Franței
русский: Тур де Франс
sicilianu: Tour de France
srpskohrvatski / српскохрватски: Tour de France
Simple English: Tour de France
slovenčina: Tour de France
slovenščina: Tour de France
српски / srpski: Тур де Франс
татарча/tatarça: Tur de Frans
українська: Тур де Франс
vepsän kel’: Tur de Frans
Tiếng Việt: Tour de France