Tokelau

Tokelau
Bandeira de Tokelau
Escudo de Tokelau
BandeiraEscudo
Tokelau on the globe (Polynesia centered).svg
Capital
 • Poboación
n/d
n/d
Linguas oficiaisTokelauano, Inglés
Dependencia de Nova Zelandia1925
SuperficiePosto 242º
 • Total10 km²
 • % auga0,6
Fronteiras0 km
Costas101 km
 • Total (2007 est.)1 449 hab.
 • Densidade141 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaDólar neozelandés (NZD$, NZD)
IDHn/d
XentilicioTokelauano
Fuso horarioUTC -10
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tk
Prefixo telefónico+690
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO772 / TKL / TK

Tokelau[1] é un pequeno territorio da Polinesia, baixo administración da Nova Zelandia, que corresponde ás illas do mesmo nome, tamén coñecidas como Illas da Unión. Os veciños máis próximos son Kiribati ao norte, as Illas Cook, a leste, Samoa e a Samoa Americana, a sur, e Tuvalu, a oeste.

Consta de tres illas -Atafu, Nukunono e Fakaofo-

O arquipélago de Tokelau está formado por tres atois no sur do océano Pacífico (Atafu, Nukunonu e Fakaofo), situadas a 480 km ó N de Samoa Occidental. O clima é cálido. Como non hai estradas nin automóbiles, todo o transporte faise por mar. De acordo co relatorio da ONU, de 1989, Tokelau fai parte das illas que poden desaparecer no século XXI en caso de que non se tomen medidas para conter o efecto estufa, que aumenta o nivel dos océanos.

Cada atol ten o seu propio centro administrativo.

O administrador-xeral escólleo o ministro das Relacións Exteriores da Nova Zelandia. A posesión da terra é exclusividade dos nativos. As principais fontes de renda do arquipélago son a venda de licenzas de pesca, a produción dun tipo especial de atún, o coco e a venda de selos postais.

Historia

Tokelau Islands.png

Os atois, entón chamados de Illas Unión, tórnanse protectorado británico en 1877. A petición dos habitantes, o Reino Unido inclúe o territorio na colonia formada polas illas Gillbert e Ellice, actuais Kiribati e Tuvalu. A administración é transferida para a Nova Zelandia en 1925 e o nome de Illas Tokelau adóptase en 1946. Trinta anos despois, o arquipélago é denominado apenas Tokelau.

En 1987, Tokelau reivindica maior autonomía política, que ven sendo adquirida por medio de medidas económicas, como a institución de impostos para servizos de saúde e educación nos anos 90. Para evitar maiores danos aos cardumes de atun, en 1989 é prohibido o uso de redes de pesca. En 1994 as institucións administrativas e políticas, antes localizadas en illas veciñas, comezan a ser transferidas para o arquipélago. No mesmo ano é adoptado un plano para a gradual autonomía da illa no período de dez anos.

Na década de 1990, introdúcense reformas electorais, e, nas eleccións de 1999, o Xeneral Fono, máis alto corpo consultivo do territorio, ten pola primeira vez os seus delegados electos para un mandato de tres anos.

A pesar dos desexos de maior autonomía, os habitantes das illas temen que a Nova Zelandia inicie un proceso de afastamento de Tokelau. Iso leva o chanceler neozelandés a declarar publicamente en abril de 2000 que o seu goberno non vai impor a independencia ao territorio nin facer ningunha mudanza no seu status político sen antes consultar a poboación.

No comezo de 2001, o presidente da Comisión de Servizos Públicos de Tokelau afirma que a poboación das illas é reticente a abandonar a cidadanía neocelandesa e reitera que os dous lados teñen ata 2010 para tomar unha decisión.

En xullo, a administración dos servizos públicos é formalmente transferida para Tokelau.

Entre 13 e 15 de febreiro de 2006, a poboación de Tokelau rexeitou por referendo controlado pola ONU a independencia, optando por continuar a súa autonomía no marco dunha libre asociación con Nova Zelandia.

Other Languages
Acèh: Tokelau
Afrikaans: Tokelau
አማርኛ: ቶከላው
aragonés: Tokelau
العربية: توكيلاو
asturianu: Tokeláu
azərbaycanca: Tokelau
تۆرکجه: توکلائو
башҡортса: Токелау
беларуская: Такелау
беларуская (тарашкевіца)‎: Такелаў
български: Токелау
বাংলা: টোকেলাউ
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: টোকেলু
brezhoneg: Tokelau
bosanski: Tokelau
català: Tokelau
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Tokelau
čeština: Tokelau
Cymraeg: Tocelaw
dansk: Tokelau
Deutsch: Tokelau
Zazaki: Tokelau
ދިވެހިބަސް: ތޮކެލާއު
Ελληνικά: Τοκελάου
English: Tokelau
Esperanto: Tokelao
español: Tokelau
eesti: Tokelau
euskara: Tokelau
فارسی: توکلائو
suomi: Tokelau
Võro: Tokelau
føroyskt: Tokelau
français: Tokelau
arpetan: Tokelaou
Gagauz: Tokelau
Gaelg: Tokelau
客家語/Hak-kâ-ngî: Tokelau
עברית: טוקלאו
Fiji Hindi: Tokelau
hrvatski: Tokelau
հայերեն: Տոկելաու
Bahasa Indonesia: Tokelau
Ido: Tokelau
íslenska: Tókelá
italiano: Tokelau
日本語: トケラウ
ქართული: ტოკელაუ
Qaraqalpaqsha: Tokelau
қазақша: Токелау
한국어: 토켈라우
kernowek: Tokelau
Latina: Tokelau
Lingua Franca Nova: Tocelau
Limburgs: Tokelau
Ligure: Tokelau
lietuvių: Tokelau
latviešu: Tokelau
македонски: Токелау
मराठी: टोकेलाउ
Bahasa Melayu: Tokelau
مازِرونی: توکلائو
Nederlands: Tokelau
norsk nynorsk: Tokelau
norsk: Tokelau
occitan: Tokelau
ଓଡ଼ିଆ: ଟୋକେଲାଉ
ਪੰਜਾਬੀ: ਤੋਕਲੌ
polski: Tokelau
پنجابی: ٹوکیلاؤ
português: Tokelau
română: Tokelau
русский: Токелау
Kinyarwanda: Tokelawu
sicilianu: Tokelau
Scots: Tokelau
srpskohrvatski / српскохрватски: Tokelau
Simple English: Tokelau
slovenčina: Tokelau
slovenščina: Tokelav
Gagana Samoa: To'elau
chiShona: Tokelau
shqip: Tokelau
српски / srpski: Токелау
Basa Sunda: Tokélau
svenska: Tokelau
Kiswahili: Tokelau
Tagalog: Tokelau
Türkçe: Tokelau
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: توكېلاۋ تاقىم ئاراللىرى
українська: Токелау
اردو: ٹوکیلاؤ
Tiếng Việt: Tokelau
Winaray: Tokelau
Wolof: Tokelau
Yorùbá: Tokelau
中文: 托克劳
Bân-lâm-gú: Tokelau
粵語: 托克勞