Till Lindemann

Till Lindemann
Till Lindemann P.R.Brown.JPG
Lindemann en 2009
Nome completoTill Werner Lindemann
Nacemento4 de xaneiro de 1963 (55 anos)
OrixeLeipzig, Alemaña Democrática Alemaña Oriental
OcupaciónCantante, compositor, poeta e escritor
XéneroNeue Deutsche Härte
Metal industrial
Instrumento(s)Voz
Batería
Harmónica
Tipo de vozBaixo
Selo(s) discográfico(s)Universal Music Group
Relacionado conRammstein
Lindemann
Puhdys
Apocalyptica
First Arsch
Feeling B
Tempo en activo1983-presente
editar datos en Wikidata ]

Till Lindemann nado o 4 de xaneiro de 1963 en Leipzig, antigua República Democrática Alemá é un cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán. É moi coñecido por ser o vocalista principal e líder da banda alemá de Neue Deutsche Härte Rammstein. Destaca pola súa complexión física, actuacións escénicas únicas (incluíndo o uso da pirotecnia e un movemento específico coñecido como "The Till Hammer"), e a súa voz de baixo. Tamén é coñecido polas súas letras, algunhas das cales causaron polémica. En todo o mundo, Rammstein vendeu máis de 45 millóns de discos, con cinco dos seus álbums recibindo o disco de platino.

Lindemann foi incluído entre os "50 mellores homes do metal de todos os tempos" por Roadrunner Records. As súas inquedanzas artísticas motiváronno a aparecer nalgunhas películas en papeis menores, e en escribir e publicar dous libros publicados de poesía, un titulado "Messer" (2002) e o outro "In stillen Nächten" (2013). Do mesmo xeito, ten presentados algúns dos seus poemas e guións orixinais en galerías.

Primeiros anos

Lindemann naceu en Leipzig entón Alemaña Oriental e creceu na aldea de Wendisch-Rambow, en Mechlemburgo-Antepomerania;[1] é fillo do poeta infantil Werner Lindemann e da xornalista e escritora Brigitte Hildegard "Gitta" Lindemann, quen traballou para Norddeutscher Rundfunk de 1992 ata a súa retirada en 2002.[2] Os seus pais coñecéronse nunha conferencia en Bitterfeld en 1959.[3] Lindemann ten unha irmá menor chamada Saskia.[2][4]

A partir dos 11 anos de idade, foi a unha escola de deportes, a Empor Rostock Sport Club,[4] e de 1977 a 1980, asistiu a un internado.[4] Os seus pais vivían separados por razóns profesionais desde 1975 e se divorciaron cando Lindemann era aínda era novo.[5] Viviu co seu pai por un curto tempo, pero a relación era malsana. No libro Mike Oldfield im Schaukelstuhl, o pai de Lindemann escribiu sobre os seus propios problemas co alcoholismo e as dificultades de ser pai dun adolescente Lindemann.[6]

En 1978, Lindemann participou no Campionato Europeo Junior de Natación en Florencia, terminando 11º nos 1 500 m estilo libre e sétimo nos 400 m estilo libre, nadando nun tempo de 4'17"58, e foi preseleccionado para ir aos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.[5] Deixou o deporte debido a unha lesión,[7] e daquela afirmou que "nunca me gustou a escola deportiva, era moi intensa, pero como neno non me opuxen".[1]

Máis tarde traballou como aprendiz de carpinteiro, técnico de galería, cortador de turba e cesteiro.[8] A súa nai dedicoulle unha carta titulada Mein Sohn, der Frontmann von Rammstein ("O meu fillo, o líder de Rammstein") a Lindemann en 2009.[9]

Other Languages
العربية: تل ليندمان
azərbaycanca: Till Lindeman
български: Тил Линдеман
čeština: Till Lindemann
Ελληνικά: Τιλ Λίντεμαν
español: Till Lindemann
français: Till Lindemann
hrvatski: Till Lindemann
հայերեն: Թիլ Լինդեման
íslenska: Till Lindemann
italiano: Till Lindemann
한국어: 틸 린데만
lietuvių: Till Lindemann
latviešu: Tils Lindemans
Nederlands: Till Lindemann
norsk nynorsk: Till Lindemann
português: Till Lindemann
română: Till Lindemann
slovenčina: Till Lindemann
slovenščina: Till Lindemann
српски / srpski: Til Lindeman
Türkçe: Till Lindemann
українська: Тілль Ліндеманн
vepsän kel’: Lindemann Till'