Tileiro de folla miúda

Tileiro de folla miúda
Tilia cordata : folla e flores
Tilia cordata : folla e flores
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Tilioideae
Xénero: Tilia
Especie: T. cordata
Nome binomial
'Tilia cordata'
Mill., Gard. Dict., ed. 8. n. 1, 1768

O tileiro de folla miúda [1] (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.

Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.

As xemas e as poliñas son de cor vermello - granate. As poliñas son glabras e nas xemas pódense ver só dúas escamas
Follas con inflorescencias
As flores son miúdas e moi recendentes
Froita madura.

Hibridación e especies semellantes

En Europa hai dúas especies de tileira que se asemellan moito: T. cordata e Tilia platyphyllos. As dúas poden hibridarse e o produto dese cruzamento é a Tilia x vulgaris, árbore que a miúdo se utiliza na xardinaxe. Porén, non é difícil distinguir as dúas especies grazas a estes particulares:

  • o tamaño das follas: as de T. cordata non miden májs de 8 cm, mentres que as de T. platyphyllos poden acadar os 15 cm, de aí os nomes comúns;
  • o envés das follas: nas dúas especies hai pelos nas axilas dos nervios, que son de cor arroibada en T. cordata e de cor abrancazada en T. platyphyllos;
  • o froito: o de T. cordata é miúdo, non mide máis de 8 mm de diámetro e non ten costelas, podéndose crebar coa man sen problemas; o de T. platyphyllos é máis grande, ten 5 costelas moi evidentes e é moi duro;
  • as xemas: nas de T. cordata pódense ver só dúas escamas, mentres que nas de T. platyphyllos pódense ver tres escamas;
  • as ramiñas: as de T. cordata son glabras, é dicir non teñen vilosidade, mentres as de T. platyphyllos son pubescentes, ou sexa, aveludadas.

Existen importantes problemas taxonómicos, aínda por arranxar, dentro do xénero - en particular para os chamados híbridos. [2]

Other Languages
asturianu: Tilia cordata
azərbaycanca: Ürəkvari cökə
башҡортса: Йүкә
žemaitėška: Lėipa (augals)
беларуская: Ліпа драбналістая
Cebuano: Tilia cordata
čeština: Lípa malolistá
Deutsch: Winterlinde
English: Tilia cordata
Esperanto: Etfolia tilio
español: Tilia cordata
hrvatski: Malolisna lipa
hornjoserbsce: Pózdnja lipa
íslenska: Hjartalind
italiano: Tilia cordata
қазақша: Өзекті жөке
Lëtzebuergesch: Wanterlann
lietuvių: Mažalapė liepa
latviešu: Parastā liepa
кырык мары: Пистӹ
Nederlands: Winterlinde
norsk nynorsk: Lind
norsk: Lind
Piemontèis: Tilia cordata
română: Tei pucios
slovenčina: Lipa malolistá
српски / srpski: Ситнолисна липа
svenska: Lind
українська: Липа серцелиста
Tiếng Việt: Đoạn lá nhỏ
Winaray: Tilia cordata
中文: 小叶椴