Os tileiros son as arbores do xéneroTilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas.