The Shelters of Stone

Abeiros de pedra
Título orixinalThe Shelters of Stone
Autor/aJean M. Auel
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónOs fillos da terra
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United States.svg Crown
Data de pub.Flag of the United States.svg 30 de abril de 2002
FormatoTapas duras (USA)
Páxinas753
ISBNISBN 0-609-61059-7
Precedido porAs chairas do tránsito
Seguido porA terra das covas pintadas

Abeiros de pedra[1] (na versión orixinal The Shelters of Stone) é unha novela histórica escrita pola autora estadounidense Jean M. Auel en 2002. É o quinto libro da serie Os fillos da terra. Describe o regreso Jondalar ó seu fogar xunto con Ayla.

Argumento

Ayla e Jondalar rematan a súa viaxe dun ano a través de Europa en compaña dos seus amigos animais Lobo, Whinney e Corredor, e son recibidos polos Zelandonii, o pobo de Jondalar. Ayla séntese fascinada pola xente da Novena Caverna dos Zelandonii e descubre en Zelandoni, a líder espiritual da Novena Caverna, a unha compañeira con quen poder compartir os seus coñecementos de medicina e as súas habilidades.

Malia que Ayla e Jondalar desexan converterse formalmente en parella durante a Reunión de Verán, algúns zelandonii temen a influencia de Ayla e rexeitan a súa relación con aqueles que chaman cabezas chatas (os Neanderthal) e que ela chama Clan. Outros, mesmo se opoñen a que forme parella con Jondalar, fillo da ex xefa da tribo, e fan evidente o seu desgusto. Ayla ten que recorrer a tódalas súas habilidades, intelixencia, coñecementos e instintos para poder atopar o camiño nesta complicada sociedade.

Other Languages