The Da Vinci Code

O código Da Vinci
Ficha técnica
Título orixinalThe Da Vinci Code
DirectorRon Howard
ProdutorBrian Grazer
Ron Howard
John Calley
GuiónAkiva Goldsman
Baseado enO código Da Vinci de Dan Brown
IntérpretesTom Hanks
Audrey Tautou
Ian McKellen
Alfred Molina
Jürgen Prochnow
Paul Bettany
Jean Reno
MúsicaHans Zimmer
FotografíaSalvatore Totino
MontaxeDaniel P. Hanley
Mike Hill
EstudioImagine Entertainment
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea2006
Duración149 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroThriller
Orzamento$125 000 000[1]
Recadación$758 239 851
Filme seguinteAngels & Demons

The Da Vinci Code é un filme estadounidense dirixido por Ron Howard que foi estreado no 2006. Guión escrito por Akiva Goldsman baseado na novela O código Da Vinci de Dan Brown, está protagonizado por Tom Hanks como Robert Langdon, Audrey Tautou como Sophie Neveu, e Sir Ian McKellen como Leigh Teabing.

Argumento

O catedrático e afamado simboloxista Robert Langdon (Tom Hanks) vese obrigado a acudir unha noite ó Museo do Louvre, cando o asasinato dun restaurador de arte deixa tras de si un misterioso rastro de símbolos e pistas. Coa axuda da criptógrafa da policía Sophie Neveu (Audrey Tautou) e poñendo en xogo a súa propia vida, Langdon descobre que a obra de Leonardo da Vinci agocha unha serie de segredos que apuntan a unha sociedade relixiosa encargada de custodiar un antigo misterio que permaneceu oculto durante dous mil anos.

Other Languages
žemaitėška: Da Vinčė kuods
Bahasa Indonesia: The Da Vinci Code (film)
Lingua Franca Nova: La Sifra de Vinci (filma)
polski: Kod da Vinci
srpskohrvatski / српскохрватски: The Da Vinci Code (film)